Sarabela prepara unha nova adaptación da obra de Blanco Amor e o Festival de Cine proxectará ‘La parranda’

Unha homenaxe teatral e cinematográfica

Cartel de la película.
Este ano é o ano de Blanco Amor de maneira oficial. A rúa do Paseo así o recorda cos paneis que falan da súa traxectoria e da súa obra. No mes de abril do ano 1959, o escritor ourensán recuperaba o galego para a súa narrativa e o facía dende Bos Aires coa novela ‘A Esmorga’. Para conmemorar estas bodas de ouro, a Concellería de Cultura do Concello de Ourense está a preparar un amplo programa de actividades, entre elas o montaxe teatral da obra polo grupo Sarabela, que xa o fixera fai uns anos; un roteiro moi ‘teatral’, e, ademais, o Festival de Cine proxectará a película ‘La parranda’, de Gonzalo Suárez.
Fai xa trece anos, a estrea foi o 10 de febreiro de 1996, que o grupo ourensán Sarabela decidiu levar ata o esceario a obra máis emblemática da literatura galega: ‘A Esmorga’. Asumiron o risco de teatralizar esta tráxica historia e como ven sendo habitual o público soubo valoralo: foi a primeira obra do grupo que conquería superar os 15.000 espectadores.

Así que agora, para celebrar o medio século de vida e a vixencia do texto, Sarabela decidiu retomar o reto, contando nesta ocasión coa actriz ourensá Rosa Álvarez. Sen descanso, o grupo traballa no Auditorio para que nada falle o próximo mes de setembro cando sexa a estrea. Nesta ocasión, e aínda que cumpre non revelar moitos detalles para manter a capacidade de sorprender, os compoñentes do grupo salientan que é unha montaxe que pouco ten que ver coa anterior. ‘O único que é o mesmo, está claro, é o texto’.

Cine e roteiro

Pero ademais pode haber máis novedades neste ano conmemorativo, como é, aproveitando o xa existente Roteiro da Esmorga, convertelo en algo máis vivo e teatral. Neste senso, Ánxeles Cuña, directora de Sarabela, xa deixou clara a súa grande capacidade co montaxe do roteiro do Volter, feito o pasado ano.

A Esmorga tivo tamén unha adaptación cinematográfica, dirixida por Gonzalo Suárez e protagonizada por José Sacristán, Antonio Ferrandis e José Luis Gómez, polo que o Festival Internacional de Cine de Ourense lle rendirá homenaxe ao escritor. Proxectará a película e xa inicou as xestión para poder contar en Ourense coa presencia do elenco actoral e do director. Enrique Nicanor, xerente do Festival, destacou que ‘a nosa intención cos homenaxes é que sexa sinxelos, pouco protocolarios e, sobre todo, que favorezan a charla co público. Iso é o máis fundamental para nós’. Nicanor sinalou tamén que ‘dende o Festival estamos a localizar unha serie de documentais sobre Blanco Amor que nos consta existen para proxectalos tamén nesta homenaxe que queremos render aos 50 anos da Esmorga’.

Libro, teatro e película. Calquer vehículo é apto para transmitir non só unha noite de borracheira de tres infelices homes: Cibrán, Bocas e Milhomes, senón para contar outras historias agochadas e prohibidas na sociedade dos anos 50: tortura, homosexualidade, prostitución. Blanco Amor foi quen de falar de todo elo facendo un texto universal.


José Sacristán, protagonista de 'La parranda': ‘Era un hombre entrañable que pensaba como pensaba’

No ano 1977 se estreou a película ‘La parranda’, dirixida polo asturiano Gonzalo Suárez e con José Sacristán como Cibrao, Antonio Ferrandis como Milhomes e José Luis Gómez como Bocas. Baseada no texto de Blanco Amor, que aparece nos títulos de crédido como coguionista, o certo e que existen algunhas diferencias entre a obra orixinal e o resultado final: a máis chamativa é que non ocurre en Ourense, senón na Asturias mineira e inclúe un conto de Maupassant. Como anécdota, pódese destacar que a personaxe de Socorrito, clave no desenlace da historia, está interpretada pola actriz arxentina Marilina Ross. Nembargantes, na época da dictadura daquel país a súa presenza na película desaparece case por completo por mor da censura.

O actor

José Sacristán, O Cibrao da historia, e premio do Concello do Festival de Cine da cidade, lembrou aquela rodaxe na sua estancia en Ourense para representar a obra teatral ‘Dos menos’.

O actor asegurou que o máis importante foi ‘que tuve la suerte de conocer a Blanco Amor y que, además, lo pasamos muy bien en el rodaje. Es cierto que Gonzalo Suárez introdujo algunos cambios como llevar la historia a Asturias e incorporar un cuento breve de Maupassant, pero recuerdo todo el rodaje y el resultado final como una de las cosas mas hermosas que me tienen pasado en mi carrera profesional, incluido por supuesto el haber conocido a Eduardo’.

Sacristán recorda a figura de Blanco Amor como ‘un hombre entrañable, como la imagen del viejo hombre que pensaba como pensaba, que estaba ideológicamente donde estaba y que moralmente estaba donde estaba. Y todo eso se traslucía, trascendía’.

En canto á novela, o actor a califica como ‘una novela maravillosa, la peripecia de estos tres diablos tratando de sobrevivir, era un material dramático valiosísimo que todavía sigue vigente. La verdad es que hace ya algún tiempo que la leí, pero me impresionó’.

‘La parranda’ foi unha película valorada polo público, pero no seu momento tamén recibiu moitas críticas polos cambios introducidos por Gonzalo Suárez. O director quixo deixar ben claro que o propio Eduardo Blanco Amor lle había felicitado pola adaptación e que se mostrou moi satisfeito polo resultado final.

Esta longametraxe recibiu varios premios e o seu traslado á zona mineira de Asturias non fai máis que demostrar que estamos ante unha traxedia universal onde se atopan todos os sentimentos que moven a humanidade: ciumes, amor, paixón, envexas, esperanzas, mala sorte e traizóns.

Te puede interesar