ENTREVISTA

“Hoxe en día é difícil vivir con dignidade das artes escénicas"

xron21
photo_camera Xesús Ron, director de "Eroski Paraíso".

O grupo Chévere subirá as táboas do Teatro Principal mañá para presentar a súa última montaxe, Eroski Paraíso", dirixida por Xesús Ron e protagoniza por Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira.

O espectáculo comezará ás 20,30 horas e continuará o sábado á mesma hora. A compañía arranca así na capital das Burgas a xira deste 2017, ano no que conmemoran o seu 30 aniversario.

Que é “Eroski Paraíso"?

Nós decimos que é unha comedia documental. Comedia porque mantén ese espírito que sempre tivo Chévere de aproximarse aos temas que trata nos espectáculos dende o humor. Ao mesmo tempo documental porque neste caso o punto de partida da obra é unha situación particular que se pode extender a moitas outras cidades e vilas non só de Galicia senón de toda España.

De que falan nesta montaxe?

Falamos dunha sala de festas localizada na vila de Muros, na Costa da Morte, que pechou a principios dos anos 90 e foi transformada nun supermercado. De aí a o título do espectáculo. Esta "anécdota" o que nos sirve é para falar dende o escenario de como se transformaron as nosas vilas e a sociedade entre os anos 80 e a actualidade. Tratamos como eses espazos de socialización, diversión e encontro, que moitas veces tiñan un ámbito comarcal, 30 anos despois se converteron en espazos de consumo tamén de ámbito comarcal.

Como xorde este proxecto?

Por un lado, por proximidade dalgúns membros da compañía con este tema; é dicir, tiñan esa experiencia persoal de 'a primeira sala de festan onde empecei a mocear, agora, de repente, é un supermercado'. Por outro lado, a partir de esta casualidade, a nós interésanos aproximarnos ás obras e contruirlas facendo unha documentación sobre o territorio. Fixemos un traballo de campo moi intenso localizando os donos da sala de festas, o rotulista que fixo o logo do local, e falando cos veciños da vila e cas traballadoras do supermercado. Algunhas destas empleadas coñeceron as súas parellas nesta sala de festas e agora seguen traballando no mesmo espazo pero transformado en tenda. 

No 2014 acadaron o Premio Nacional de Teatro. Que supuxo para a compañía esta distinción?

Para nós foi un recoñecemento ao noso traballo e a este teatro que non ocupa os circuitos comerciais, que é un pouco incorformista consigo mesmo. É unha carta de presentación que nos abre moitas portas aínda que isto non quere dicir que logo nos contraten. Para o teatro galego tamén é importante porque dende o ano 49 só hai sete compañía en toda España que recibiron este premio de tal forma que agora Galicia tamén ten unha presenza e recoñecemento no que é a cultura da diversidade. 

Este ano celebran o seu 30 aniversario. Cal é a clave do éxito para chegar ata aquí?

É moi difícil. Creo que no caso de Chévere a clave está en ser bastante incorformistas co noso propio traballo para manter unha certa frescura. Na actualidade, temos xente de prácticamente tódolos tramos de idade. A máis nova é Cristina Iglesias e o máis vello é Luis Martínez, de 72 anos, que interpreta o papel de avó en "Eroski Paraíso".  

É complicado facerse un oco no mundo das artes escénicas?

É dificil facerse un oco porque ,aínda que parezca increíble, nas artes escénicas hai moita creatividade e xente que quere adicarse a este mundo. O que agora é moito máis difícil que hai 15 ou 20 anos é que ti poidas vivir con dignidade deste traballo. Só está o alcance dunha minoría. Ista é a realidade.

Que retos se marca Chévere para este 2017?

Conseguir manter coa mesma vitalidade este espectáculo, que tivo unha excepcional acollida durante o ano pasado superando nos primeiros nove meses os 12.000 espectadores. Tralo noso paso por Ourense, no Teatro Principal, marchamos para Madrid, presentando "Eroski Paraíso" nas Naves del Español do 19 de xaneiro ao vindeiro 5 de febreiro. 

Te puede interesar