Políticos, escultores, pintores, artistas e escritores participaron na homenaxe ó escultor ourensán na Insua dos Poetas

A II Festa da Palabra rendiuse á creatividade galega de Arturo Baltar

A II Festa da Palabra, un encontro anual que se desenvolve na Insua dos Poetas ?situada entre os concellos de Irixo e de Carballiño?, tivo como protagonista este ano ó artista ourensán Arturo Baltar Santos. Sobre o escultor, o responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, destacou que, en cada unha das súas obras, se 'transubstancia Galicia nas súas formas esenciais e máis populares, isto é, en romances de cego e en seguidillas versificadas en barro que nos traen e levan historias verdadeiras do noso país'.
Creadores galegos como Luis González Tosar, Víctor Campio Pereira, Antón Lamazares, Méndez Ferrín e Acisclo Manzano, ademáis de políticos como José Luis Baltar, ou o presidente da Real Academia, Méndez Ferrín, entre outros, tamén participaron nesta homenaxe ó escultor en recoñecemento da súa traxectoria profesional e máis do seu compromiso coa cultura galega.


Avance e dinamización

Anxo Lorenzo, de feito, propuxo durante a súa intervención nesta II Festa da Palabra, na que tamén participou o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López Rodríguez, 'realismo e traballo diario' para avanzar na dinamización social 'da lingua galega'.E indicou que o galego 'busca unha relación horizontal e bidireccional coa lusofonía, ten presenza en todos os sectores, ámbitos e institucións do país e, o que é máis importante, é un idioma vivo, que se aprende e se fala, e que supón un orgullo'.

Un xantar de confraternidade puxo o remate a esta exaltación do galego e da obra de Arturo Baltar.

Te puede interesar