O alcalde da cidade, Francisco Rodríguez, destaca o agradecemento que trasmite o colectivo cando se fai algo por el

A III Semana dos Maiores arranca co propósito de escorrentar a soedade

Francisco Rodríguez dirixiuse os participantes.
A Semana adicada aos Maiores, cuxa terceira edición arrancou onte co lema 'Ningúen só. Ourense con todos', ofrecerá ao colectivo de ourensáns maiores de 60 anos toda unha semana de actividades. Estas desenvolveranse en horario de mañá e tarde, e inclúen teatro, excursións, conferencias, tai-chi, baile e contacontos, ademais dunah comida.
O encontro, baixo a organización da Concellaría de Benestar Social, foi inaugurado polo alcalde da cidade, Francisco Rodríguez, así como pola responsable do departamento, Marga Martín. Aquel salientou o encontro cos maiores como un deses intres 'gratificantes que deixa esta profesión', porque 'a sensación que transmiten, con só mirarlles aos ollos, é a de persoas profundamente agradecidas, por pouco que sexa o que se faga por eles'.

Marga Martín, pola súa parte, subliñou que o programa busca combater 'a soedade' á que ás veces se ven abocadas as persoas maiores. Esta semana de actividades pretende ser un xeito de premio de fin de curso co que se poñen a disposición daqueles vecinos da cidade maiores de 60 años todo un abano de posibilidades. O primeiro día arrancou cunha clase de tai-chi ao aire libre na praza Maior, e rematou cunha sesión de contacontos a cargo de Martín Rojo Beizana. Nos vindeiros días, impartiranse conferencias sobre o maltrato en persoas maiores, así como a depresión e os trastornos afectivos no mesmo colectivo. O venres, os participantes que tiveran recollido os billetes na Concellaría de Benestar Social, poderán participar nunha excursión ás Illas Cíes.

Todas as actividades son gratuitas, salvo a comida, que ten un custe de 10 euros e celebrarse o vindeiro xoves nun restaurante da cidade.

Te puede interesar