Educación

A importancia do educador social no contexto escolar

O libro "Educación Social e Escola. Unha análise da última década" recolle achegas de especialistas de diferentes comunidades autónomas, Portugal e Brasil

Este luns presentouse no Pazo Provincial o libro "Educación Social e Escola. Unha análise da última década  (2006-2016)", que recolle as actas do "I Congreso Internacional e III Xornadas de Educación Social e Escola".

Nas súas páxinas analízase a figura dos educadores sociais no contexto escolar, un libro que segundo Aurelio Prado, vicepresidente do Colexio de Educadores Sociais de Galicia, "é un complemento teórico con achegas de especialistas de toda España, de Portugal e tamén de Brasil".

Na presentación tamén estiveron presentes o vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación da Uvigo, Xosé Manuel Cid, e o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval. Este último destacou que o papel destes profesionais como mediadores e integradores "non só debe ser resolver conflitos, senón tamén evitar que xurdan"

Xosé Manuel Cid quixo resaltar que os educadores sociais e as súas intervencións son fundamentais "desde a primeira parte da infancia, para poder prever certos actos de extrema violencia que estamos a vivir na actualidade".

Te puede interesar