O tempo

Incidencias nunha decena de puntos da cidade tras a tormenta deste venres

OURENSE (RÚA DO PROGRESO). 06/07/2018. OURENSE. Fotografías de lluvia copiosa en varias calles de Ourense. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera A rúa do Progreso este venres, unha das máis afectadas pola treboada deste venres.

O Concello explica que "a concentración de auga na rúa non se produciu porque a rede estea sucia ou por un mal mantemento, senón pola intensidade das precipitacións"

A Concellería de Infraestruturas está a estudar a execución de melloras e obras en colectores de saneamento de determinados puntos da cidade, tras as precipitacións extraordinarias caídas na cidade nas tormentas das dúas últimas semanas, nas que se produciron precipitacións dunha intensidade superior ós 10 litros por metro cadrado en dez minutos.

Viaqua informou deste rexistro, así como dos datos da tarde deste venres. A intensidade máxima de choiva rexistrada en Ourense acadase os 10,4 litros/m2 en 10 minutos ás 17:30 horas, o que supón unha intensidade media nunha hora de 62, 4 litros/m2.

Cando se producen episodios de tal calibre hai colectores de saneamento en determinados puntos da cidade que non teñen a capacidade suficiente para absorber unha intensidade de choiva tan elevada e, por tal motivo, onte detectáronse incidencias puntuais.

As incidencias estiveron concentradas principalmente nas seguintes zonas: Celso Emilio Ferreiro, Praza Don Bosco e Concepción Arenal, Colón, Hernán Cortés, Praza San Cosme e Praza Saco e Arce, Alejandro Pedrosa,  Serra Martiñá, Carmen Legísima, San Miguel con Paseo, e Avenida Zamora 48.

O Concello explica que "a concentración de auga na rúa non se produciu porque a rede estea sucia ou por un mal mantemento, senón pola intensidade das precipitacións, e que a auga verteuse na rede en canto o permitiu a capacidade dos sumidoiros".

Pero ademais deste aspecto hai outros que inflúen na velocidade dos desaugues, "coma pode ser a escasa pendente na rede do Casco Vello da cidade".

 

 

Te puede interesar