“La Isla” álzase cos dous premios do Toén a Bocados

Cada un dos seis establecementos superou os 700 pinchos vendidos entre ambas fins de semana

O Bar La Isla coroouse esta fin de semana coma o gañador de ambos premios da segunda edición do concurso de pinchos Toén a Bocados. Tanto o público coma o xurado coincidiron en entregarlle o primeiro premio a este establecemento. Tamén houbo acordo no referente ao segundo premio, que foi para o Bar Venecia. En cambio, o xurado e o premio popular non coincidiron. Mentres que o premio do público foi para a taberna Grancas, o xurado decidiu outorgarlle este galardón ao único debutante desta edición, o restaurante Mexicano en Brasas.

Así, este concurso volveu a ser todo un éxito, no que cada establecemento superou os 700 pinchos vendidos entre ambos fins de semana. O alcalde de Toén, Ricardo González, indicou que esta foi “a edición da consolidación deste premio”. Dende o Concello, valoran moi positivamente este certame, “xa que é unha forma de consolidar a nosa marca e temos claro que debemos facer máis eventos coma estes”. Pola súa banda, na entrega de premios, todos os hostaleiros participantes amosábanse satisfeitos, xa que, ao final, “gañamos todos”, porque aínda que non levaran o galardón, a afluencia de xente foi unha das mellores de todo o ano cun custo cero para os establecementos.

Te puede interesar