PXOM

Jesús Vázquez: "O PP é o que está traballando a prol desta cidade"

Sobre o proxecto da estación intermodal, o alcalde dixo que "Ourense gaña de maneira satisfactoria". 

O alcalde da cidade, Jesús Vázquez, respondeu a acusación do portavoz de Ourense en Común que acusou da actual situación da orndenación urbanística de Ourense ao PP e que falou de depurar responsabilidades. Sobre iso, o rexidor dixo que "é unha falta de respeto, polo menos ante os compañeiros de corporación" e engadiu que "creo que teño as máns limpias e que ademáis son estricto e moi clariño". 

Sobre o Plan Xeral de Ordenación Urbanística afirmou que se está traballando sobre o que "foi aprobado inicialmente e non hai cambios" e explicou que na reunión "se lles puxo diante os informes técnicos e que se lle trasladou tamén o equipo redactor que son parte das alegación que presentaron". Jesús Vázquez afirmou que "o Partido Popular é o que está traballando a prol de esta cidade". 

Estación intermodal

O alcalde tamén tivo palabras sobre o proxecto da estación do AVE. Sobre o antigo proxecto dixo que "a institución que a financia dixo que non ía desenrolar ese proxecto porque dudaba da súa viabilidade, da propia estructura e da edificación". Sobre o novo proxecto, afirmou que "Ourense gaña de maneira satisfactoria" e que "este favorece a transversabilidade ao facer que a cidade non se rompa", algo que dixo o alcalde que lle preocupaba. 

Te puede interesar