Ourense

O libro “Seique" centra a nova edición do Reseñas.12

Ourense

Universidad

O libro “Seique" centra a nova edición do Reseñas.12

Cando se fala da posguerra, a mente da maioría das persoas que viviron os anos da ditadura franquista lembran aqueles anos da fame, o frío e a pobreza, os tempos nos que "non deixar ver as propias ideas políticas" era a mellor opción. É neses anos nos que bota raíces Seique, o libro de Susana Sánchez Arins, que protagoniza o Reseñas.12, unha crónica poética en galego que aborda a historia dun fascista, o seu tío avó Manuel, na época da posguerra. 

Polas súas características, Seique foi escollido para converterse en eixo central do ‘reseñas.12’, unha iniciativa bimensual promovida polo persoal da biblioteca de Torrecedeira que ten como obxectivo crear un espazo dedicado á lectura e aberto a toda a comunidade universitaria ao mesmo tempo que intenta estimular o bo uso e manexo dos recursos e fontes de información que ofrece este espazo. 

Para acadar dita finalidade, creouse un expositor con, ademais deste libro, diversas obras da mesma temática como por exemplo Cartas de un condenado a muerte, No solo represión, ¿Qué sabemos del Franquismo?, Memorias de sal e terra e La memoria de los maquis, entre outros. A exposición, ademais dos libros, comprende unha simulación dun corpo exhumado, acompañado de fragmentos de cartas que datan dos anos da Guerra Civil.