O Correlingua iniciou en Ourense a súa edición deste ano reunindo a máis de 700 estudantes de toda a provincia, que percorreron o centro da cidade nunha actividade festiva para a defensa do galego.

A lingua correu por Ourense

Cada centro educativo participante percorreu a cidade cunha pancarta en defensa do galego e reclamando a súa protección.  (Foto: FOTOS: MARTIÑO PINAL)
Galego, a chave do mundo'. Máis que un lema para celebrar unha xornada festiva cos máis novos, é unha declaración de principios sobre o significado do Correlingua. Speraron a cifra de 700 os estudantes da provincia que ben cedo colleron un autobús que os trouxo ata a capital para celebrar a primeira sesión en defensa do idioma de cantas percorrerán Galicia durante este mes de maio.
Como o propio nome da iniciativa indica, onte tocaba camiñar. Por iso, a Praza Maior foi a primeira parada, o punto de encontro dende onde comezaron a 'correr' a lingua cara ó Auditorio, verdadeiro escenario da festa galega. Alí recibiunos o actor Pepe Penabade, que se converteu en presentador das actuacións, entre as que salientaron as dos centros José García de Mende con poemas dos 'Cantares Gallegos' de Rosalía de Castro , Cidade de Antioquía de Xinzo ou o karaoke do Ruxidoiro de Barbadás. Os alumnos deste último colexio exerceron como voceiros da reivindicación lingüística dándolle lectura ó manifesto deste ano, que recollía o dereito dos máis pequenos a medrar en galego. Pero o momento musical máis agardado chegou con Monoulious e a súa 'Cansión Jallejo-Americana'.

Os premios pola participación nesta edición do Correlingua repartíronse, como é habitual, en dúas categorías. En Primaria resultaron vencedores José García de Mende, Otero Pedrayo de Amoeiro e O Ruxidoiro de Barbadás. Pola súa banda, o instituto do Couto, recibiu o primeiro premio de Secundaria, deixando en segunda posición ó centro educativo de Mende.

Te puede interesar