Navidad en Ourense

Loiro celebra a primeira edición do veciño invisible

photo_camera Los vecinos de Loiro celebran este jueves un amigo invisible. Una cita en la que no faltó el chocolate y en la que hubo una actuación musical que amenizó la tarde en la que llegan los Reyes Magos.
A Asociación Loiro na Memoria congregou onte aos veciños desta localidade de Barbadás para celebrar a primeira edición do veciño invisible nun ambiente de festa con música e chocolatada.

As festas de Nadal non paran en Loiro e onte celebraron a primeira edición do que esperan que se convirta nunha tradición: “O Veciño Invisible”. Esta é unha tradición moi extendida entre os grupos de amigos, e, dende a Asociación Loiro na Memoria, decidiron levala ao cento de veciños que viven na aldea.

Ademais dos agasallos entre conveciños, a Praza do Campiño desta aldea do concello de Barbadás converteuse onte, ás 20,00 horas, no centro da festa con ambientación musical a cargo do dúo Carpe Diem, así como a dos veciños, que colaboraron con cunchas e pandeiretas, incrementando o ambiente festeiro. A troula rematou cunha chocolatada e churros para todos os que decidiron achegarse ata a principal praza de Loiro a participar, cantar, bailar, ou a observar esta “nova tradición”. 

Te puede interesar