O Programa para Maiores do Campus Universitario recibe cada ano a uns alumnos que levan como obxectivo a aprendizaxe sen máis. A súa pretensión non é outra senón a de seguir afondando no coñecemento.

Maiores coma universitarios

Imagen de la inauguración del curso para mayores en el Campus de Ourense. (Foto: MIGUEL ÁNGEL)
A vontade por seguir aprendendo é a única razón que move a estes alumnos.
Se cando un é mozo, a principal razón que o leva a matricularse na Universidade son as ganas por acadar un título que lle abra as portas do mercado laboral, cando un se matricula no Programa para Maiores, a pretensión é ben diferente. Un dos requisitos para poder entrar é ter superada a barreira dos 50 anos. Nese momento, xa ninguén está buscando un diploma acreditativo de que está listo para comezar a traballar. Estes alumnos móvense por interese, pero do bo. O curso escolar 2011/2012 comezou no Campus de Ourense con 130 estudantes que voltan ás aulas universitarias, ou nalgún caso chegan por primeira vez, para aprender, simplemente, o que lles apetece. En primeiro curso, foron 25, unha cifra lixeiramente inferior á do curso anterior, pero que segue a tendencia universitaria xeral.

O Programa para Maiores, que tamén se desenvolve nos campus de Pontevedra e Vigo e que aquí coordina a profesora de Xeografía Josefina Pato, está estructurado en dous ciclos cunha duración total de cinco anos. O primeiro, chamado Intensivo, consta de tres cursos. O particular desta etapa é que as clases do programa están formadas unicamente por alumnos maiores de 50 anos. A segunda parte, a de Especialización, xa leva a estes estudantes xunto ó resto da comunidade universitaria. Aqueles que estean en posesión dun título anterior ó Plan Bolonia poden entrar directamente en cuarto, pero 'ninguén quere', confirma Josefina Pato.


MOI BOS ALUMNOS

Como profesora non ten máis que eloxios para un estudantado que só adoita abandonar o programa por causa de forza maior, pero nunca por desidia. Despois de moitas conversas cos seus compañeiros ó respecto, a coordinadora do programa salienta a 'ilusión' e o 'esforzo' que os maiores lle adican ás clases. Moitos dos docentes igualan en idade ós seus alumnos, algúns son máis novos ca eles, pero iso non provoca ningún tipo de problema, senón todo o contrario. Unha das alumnas, Marina Tallón, relata que esta característica fai que 'poidamos ter conversas de máis profundidade', gracias á traxectoria vital que tanto estudantes como mestres levan sempre consigo.

Te puede interesar