Os maiores da UVigo estrean no Principal de Ourense

O grupo de teatro do Programa Universitario de Maiores nun dos ensaios.
photo_camera O grupo de teatro do Programa Universitario de Maiores nun dos ensaios.

O grupo teatral Entrebambalinas do Programa Universitario de Maiores de Ourense estreará a obra "Que viva o duque!" no Teatro Principal

O grupo teatral do Programa Universitario de Maiores do campus de Ourense, chamado Entrebambalinas, estreará mañá ás 20,00 horas no Teatro Principal da cidade a súa nova produción, a obra “Que viva o duque!”. A peza é unha versión libre de Fernando Dacosta (director das aulas teatrais deste campus desde Sarabela Teatro) da obra de J.L. Alonso Santos “¡Viva el Duque, nuestro dueño!”, na que un grupo de cómicos ensaia unha peza de teatro que terán que representar ante o Duque de Simancas.

O elenco actoral que participa na obra está formado polas e polos estudantes do Programa Universitario de Maiores (PUM) Inés Miguélez, Chus Constenla, Xan Losada, Mariem Pena, Moncho Méndez, Emilia Martín, Puri Castiñeiras, Candi Rodríguez, Alfonso Moreiras e Pepa Blanco. A dirección corre a cargo de Sabela Gago, tamén profesora das aulas teatrais do campus e membro de Sarabela Teatro, con axudantía de Elisa Maneiro. A entrada, de balde, recóllese desde unha hora antes da actuación na taquilla do Principal.

Te puede interesar