ENTREVISTA

Manuel Buciños: "Grazas a que a Deputación me becou fai 65 anos, puiden ir a estudar a Madrid "

Premios Otero Pedrayo en el pazo de Trasalba
24-10-17
photo_camera Manuel Buciños

O escultor lucence Manuel Buciños, ourensán de adopción, non puido evitar emocionarse ao intervir no acto de entrega do galardón. Lembrou a súa primeira oportunidade e a figura do escritor ourensán co que compartiu conversas no mesmo lugar onde recolleu o premio.  

Emocionouse recordando aquela axuda que a Deputación lle deu aos seus inicios. 

Si. Foi unha beca para ir a Madrid, co que supuña naquela época estudar Belas Artes. Eu viña dunha aldea pequena e grazas a aquilo eu estou aquí.

Como ve hoxe o panorama cultural e a escultura en particular en Galicia?

En Galicia estase nun terreno parado, coma en moitas cousas. Hai menos obra pública, rematou fai tempo. Síntoo máis pola xente nova. 

Como é a escultura do seu amigo Manzano, co que comparte galardón?

Acisclo é un profesional con moita personalidade. A súa obra ten moito carácter.

E recibir o premio xuntos, como é?

Moi especial, porque convivimos moito. Ademáis de taller, compartimos viaxes e conversas. Para min foi emocionante recibir este galardón e levar no currículum a Otero Pedrayo. 

Te puede interesar