PREMIO

Manuel Portas lévase o Blanco Amor de novela

Premio
photo_camera Afonso Vázquez-Monxardín, Alba Cid, Manuel Baltar, Ledicia Costas, Luis González Tosar e Manuel Guede, onte tras dar a coñecer o fallo.

A obra gañadora, "Sen puntos", céntrase en personaxes que se atopan por casualidade

O xurado do premio Blanco Amor de novela longa, organizado pola Deputación de Ourense, elexiu como ganadora a novela "Por puntos", do escritor Manuel Portas (Barcelona, 1960), que naceu en Cataluña pero chegou con 12 anos a Santiago.

A historia, que conta a vida "ordinaria" de varios personaxes, transforma o cotidiano en "extraordinario". "É unha procura de atención a un fenómeno tan frecuente como a retirada do carné de conducir polos puntos", explica Portas. Os protagonistas coinciden nun curso para recuperar o permiso, e aí comeza a trama. Segundo o xurado, trátase dunha novela "de interese para calquera tipo de lector" que ao final "mantén unha tensión argumental que sustenta unha trama áxil e diversa". Portas, que agradece ao xurado o premio, comezou "Por puntos" a finais de 2016, e decidiu presentalo despois dun proceso de maduración e consideración. O escritor e sociolingüista, director do Instituto Arcebispo Xelmírez I de Santiago, é autor de outros títulos como "Denso recendo a salgado" ou "Un dedo manchado de tinta". Portas valora positivamente a aposta pola cultura galega da Deputación de Ourense, así como a preocupación por manter vivo o premio Eduardo Blanco Amor. "Para mí o galardón supón moitísima alegría porque trátase dun escritor símbolo da literatura deste país", comenta. "Creo que a literatura galega debería contar con máis mimo e protección das autoridades, temos que facultar a súa expansión", explica. Ademais, en canto á fala, reflexiona sobre a necesidade de "visualización e recoñecemento" para mantela e "levala" polo mundo. 

O premio consta dunha dotación económica de 15.000 euros e a súa entrega terá lugar no Liceo da cidade na tarde de hoxe, a partir das 20,30 horas, coincidindo co trinta e nove cabodano de Eduardo Blanco Amor. Portas tamén recibirá unha escultura do artista ourensán Acisclo Manzano, realizada especialmente para este galardón cultural. 

Te puede interesar