En Marea mantivo un encontro co sindicato policial

Representantes do Sindicato Profesional de Policías Municipais de España-Galicia trasladaron as súas reivindicacións para a nova lexislatura a David Bruzos, cabeza de lista por Ourense

David Bruzos, cabeza de lista por Ourense, e Sofía Díaz número 2 ó Congreso por Ourense,reuníronse na mañá de hoxe con Xoán Carlos Bouso Carballeira e Bautista Rodríguez García, representantes do Sindicato Profesional de Policías Municipais de España-Galicia (SPPME-Gal) quen trasladaron as súas reivindicacións para a nova lexislatura.

Entre estas, estaban algunhas como o anticipo da idade de xubilación ou outras como que recentemente aprobouse a Lei de Persoal do Corpo de Policía Nacional e perdeuse a oportunidade de que os Policías Locais poidan pasar aos corpos do Estado, a necesidade de modificar a desfasada Lei 2/86 de Forzas e corpos de Seguridade, a elaboración dun proxecto específico de Lei para a unificación de medios técnicos uniformidade, garantir que a formación dos Policías Locais serva para mellorar as Carreiras profesionais, validando esta formación como estudos oficiais, dereito a folga dos Policías Locais e cuestións similares.

Outra das súas reivindicacións é o cumprimento da normativa europea segundo a cal, por ratio poboacional, a Ourense lle corresponden 180 policías na RTP do Concello. Actualmente se contempla 124 prazas e só están cubertas 104.

Te puede interesar