O cabeza de cartel, Miguel Doval, pediu o voto dos asistentes porque quere, dixo, facer "un concello das persoas".
A plataforma cidadá Ourense en Común celebrou na Molinera o acto central da campaña electoral na cidade. O cabeza de cartel, Miguel Doval, pediu o voto dos asistentes porque quere, dixo, facer "un concello das persoas".
Doval e a candidatura da "marea" definíronse como "xento do común" que quere levar a voz e a implicación dos veciños ao Concello da cidade e xestionalo dacordo cos desexos da cidadanía, creando un novo modelo de cidade que vele polo "ben común". O acto central reuniu a decenas de persoas nos xardíns da Molinera.