ENTREVISTA

María Teresa Pereira: “Alcer bota en falta o apoio económico de Sanidade"

Dibujo
photo_camera María Teresa Pereira.

La Presidenta de Alcer Ourense, María Teresa Pereira, chegou á Asociación para a Loita Contra as Enfermidades Renais (Alcer) Ourense a raíz de que lle diagnosticaran ao seu pai poliquistose renal 

"O meu pai faleceu, pero eu quixen seguir con eles. A asociación foi unha axuda moi grande para a miña familia á hora de enfrontar a patoloxía", explica la presidenta María Teresa Pereira. 

Por que facerse doante?

Na enfermidade renal hai tratamentos substitutivos como a hemodiálise, pero a única cura é o transplante para volver ter unha vida sen máquinas. Hai que ter en conta que facer hemodiálise supón cuatro horas diarias, día si e día non, estar enganchado a unha máquina. E esta dependencia trastorna a vida familiar e laboral.

Cales son as barreiras que atopades á hora de promover a donación de órganos?

A maioría das veces creo que é descoñecemento. Entendo que é unha situación difícil; é dicir, está falecendo un familiar e se che acerca un médico para dicirche que o paciente está en parada cardíaca e hai posibilidade de doar os órganos. Hai familias que pensarán que os médicos non están loitando por salvar o seu familiar, pero iso non é así. Este ano queremos facer fincapé no documento de instruccións previas, que é vinculante.

Unha das eivas da lexislación é a falta de protección do doante vivo. Que piden?

Hai que regularizar a situación da persona que vai a ser doante. Teñen problemas a nivel laboral para poder coller unha baixa. Hai que ter en conta que vai faltar ó traballo e ten un periodo de recuperación.

Como sobrevive Alcer Ourense economicamente?

O fallo maior que nós vemos en  tódalas Alcer é a falta de apoio da Consellería de Sanidade, que non nos da un céntimo. Nós sobrevivimos ca aportación da Deputación e coa subvención de Benestar do Concello de Ourense. Federámonos para que Sanidade entenda que somos unha asociación de enfermos que precisamos o seu apoio para seguir co noso labor. Na actualidades, Alcer Ourense conta con 101 socios.

Te puede interesar