Marina Ortega: “Ourense necesita unha discriminación positiva tras 11 anos de desidia"

Marina Ortega lidera a los socialistas ourensanos en la búsqueda de un "cambio" que centra su discurso político. La ourensana confía en trasladar las sensaciones positivas que le está dejando la campaña en las urnas el día 12 de julio.

Cales son os proxectos que ten o PSOE para Ourense?

Para Ourense, despois de once anos de desidia por parte da Xunta de Galicia e de Feijóo, consideramos que precisamos unha discriminación positiva para a provincia. En moitos eidos coma o comercio ou a industria, tendo as competencias que ten a Xunta, esta provincia estivo abandonada. Dende o PSOE elaboramos un proxecto específico tendo en conta tamén as particularidades e a variabilidade que existe tamén por exemplo nas comarcas. Temos unha aposta firme e clara polas Pemes e os autónomos. 

Son as personas o obxectivo principal do PSOE?

Temos que estar ao carón da xente, como cando subimos o salario mínimo vital ou as pensións de máis de 108.000 ourensáns. Ese tipo de políticas son urxentes e hai que levar a cabo un plan específico para impulsar Ourense, que ten o 70% de masa forestal no territorio, e temos que atender ás demandas dos emprendedores do rural. Aquí vémolo por exemplo nas catro denominacións de orixe. Tamén hai que apostar claramento por políticas sociais, xa que vemos como se recortou sustancial e significativamente no eido da dependencia.

Como ve a situación dos maiores na provincia?

Vimos nos últimos meses tras o confinamento que o sector máis vulnerable foron os nosos maiores dependentes, pecháronse os centros de día e anunciouse a reapertura para setembro, cando realmente estamos aquí nunha data electoral, según Feijóo, porque podería haber un rebrote en setembro, entón como mandamos a esas persoas aos centros de día en setembro? Pensamos que é irresponsable. A parte de que foi irresponsable aliniearse con aqueles que lle querían facer unha zancadilla ao Estado de Alarma.

Que é o que diferencia a Marina Ortega doutros candidatos?

Como decía, o tema da dignidade das persoas maiores e iso do que non se fala. O outro día firmamos un compromiso co Centro de Atención para Persoas con Discapacidade na provincia, que é un feito moi demandado e temos que lamentar que non asistira o PP cando foi convocado polas nais e pais. Nós estamos nesa loita e queremos apostar firme para que Ourense sexa unha provincia con igualdade de oportunidades para a nosa cidadanía, coma no resto de provincias.

Tradicionalmente Ourense é unha das provincias nas que o PP ten un maior liderazgo. Parece que as enquisas pronostican que podería chegar a cambiar. Entón, que expectativas ten o PSdeG aquí?

Temos unha vibración na rúa boa. Estamos percibindo que a cidadanía quere un cambio, na rúa nos indican que o queren. Se isto o unimos aos comicios do ano pasado nos que os resultados foron moi bos para o PSOE… Apelamos á mobilización da cidadanía o 12 de xullo. Como di a campaña da Xunta de Galicia: Sentidiño! Sentidiño é apostar pola Sanidade pública, polos nosos maiores e o seu benestar, é levar políticas espedíficas para o impulso do emprego da xuventude para que non se teñan que marchar.

Te puede interesar