XUNTA DE GOBERNO

A mellora do antigo cárcere, pendente de fondos europeos

O alcalde tamén informou que a cafetería do Parque Barbaña podería abrir en pouco tempo, e criticou as "mensaxes simplistas" de DO

Na rolda de prensa posterior a xunta de goberno, o alcalde de Ourense falou sobre algúns dos temas de actualidade. En resposta ás críticas feitas por DO sobre as prácticas do Servizo de Cemiterios e tema cárecere, o rexidor da cidade asegura que a mala praxis é a que segue DO, que se adica a "lanzar mensaxes bomba e mensaxes simplistas".

No que se refire ao camping de Untes, que estará pechado todo o verán, Jesús Vázquez confirmou que en ningún caso se vai poder nestes meses estivais. 

Tamén tratou o tema das cafeterías municipais. Sobre a do Parque Barbaña afirmou que o proceso xa está rematado e en canto a empresa acabe as obras de acondicionamento podería abrirse. Sobre a do Parque Miño afirmou que quedou deserta incluso baixando o canon, pero que estos días están recibindo algunha chamada interesándose por ela. A das Pozas de Maimón tamén podería quedar deserta. 

Sobre o deficiente estado do antigo cárcere, o alcalde informou que o Concello está a espera de que se lle concedan ou non uns fondos europeos.

Te puede interesar