Luis Menor asume la presidencia de la Fundación Blanco Amor

Luis Menor (PP).
photo_camera Luis Menor.
Luis Menor, presidente da Deputación, faise cargo da presidencia da Fundación Eduardo Blanco Amor

O presidente da Deputación, Luis Menor, é, dende onte, novo presidente da Fundación Eduardo Blanco Amor. Menor, que releva no cargo ao anterior presidente provincial, Manuel Baltar, asumiu o posto na reunión celebrada na mañá de onte polo padroado da entidade no Pazo Provincial, conclave que que tamén serviu para “analizar as actividades que se desenvolverán no ano 2024 para honrar o legado do escritor ourensán”.

O padroado acordou organizar este próximo ano unha serie de actor que inclúen, entre outros moitos, algunhas conferencias e a publicación dun facsímile da icónica revista “Terra”, publicada hai un século en Bos Aires, da que foi redactor xefe Blanco Amor e na que colaboraron figuras tan relevantes da cultura galega como Vicente Risco, Antón Losada Diéguez ou Ramón Cabanillas.

Este vindeiro sábado, 25 de novembro, os integrantes do xurado do XLII Premio de novela Blanco Amor manterán unha reunión no Centro Cultural Marcos Valcárcel para elixir ao gañador desta edición do certame que organiza anualmente a  entidade coa colaboración da Deputación. O premio, dotado con 15.000 euros e unha peza escultórica orixinal do tamén ourensán Acisclo Manzano, será entregado o día 1 de decembro, data do 44º cabodano do falecemento do senlleiro autor ourensán.  

O padroado acordou a próxima incorporación dun novo patrón: Juan Saco Cid, antigo presidente da Fundación Otero Pedrayo, que se suma ao padroado da Fundación Blanco Amor, logo de que recentemente, no pasado mes de setembro, falecera un dos seus membros: o sobriño do escritor ourensán, Eduardo Camilo Bóveda Sebastián.

Te puede interesar