ENTREVISTA VIDA

Mighele de Curras: "O camiño a percorrer polas webseries é impredicible"

_MX_0225_result

Mighele de Curras é, con Alfonso Míguez e Héctor Casas (actores), a alma mater de "P.I.B. (Produto Interior Bruto)", unha webserie de humor rural galego.

Mighele de Curras é, con Alfonso Míguez e Héctor Casas (actores), a alma mater de "P.I.B. (Produto Interior Bruto)", unha webserie de humor rural galego que cos seus personaxes transportan ao espectador a un microcosmos dominado polas anécdotas e cultural popular galega, con especial incidencia na Limia, comarca onde se desenrolan os capítulos. As historias comúns, divertidas, a súa cercanía e un talento de sobra por parte dos seus creadores fai que a webserie gañe espectadores con cada un dos capítulos que poden visionarse en www.pib-serie.com.

Como xurdiu a idea de crear a webserie “P.I.B.?"

Os Ghairas colectivo que formamos Alfonso Míguez, Héctor Casas e máis eu, xa levabamos tempo querer facer algo audiovisual. Ao principio ía a ser unha serie de sketches ambientados no rural do interior onde alimentándonos do entorno creabamos o noso universo particular.

Despois da gravación destes primeiros sketches decatámonos que nese paraíso surrealista faltaban os nosos Adán e Eva particulares para rematar a nosa Creación. Así naceron Richi e Maxi, interpretados respectivamente por Héctor Casas e Alfonso Míguez.
Unha vez xa decididos as personaxes principais empezamos a darlle forma argumental e estética para o que sería o capítulo piloto do "P.I.B". Trala boa aceptación do primeiro capítulo "As mozas" un marabilloso equipo de profesionais uniuse para gravar o resto da primeira tempada.

Que se atopan os espectadores ante “P.I.B."?

Un microcosmos surealista tráxico onde, ao igual que na tradición oral, a realidade e a ficción se mesturan. Lendas, crenzas, costumes, contos, anécdotas e cultura popular son a miúdo elementos introducidos con adaptacións e reinterpretados na trama das historias para marcar un carácter máis propio e auténtico.

O illamento tan propio do rural galego provoca que os personaxes fantaseen, deturpen ou lle outorguen beleza a lugares e situacións das que teñen escaso coñecemento. O espectador, a través do Richi e do Maxi, métese de cheo neste mundo interior onde a Santa Compaña se viste de heavy, o Facebook e o Twitter son o nome dunha discoteca, a Capital semella ser a Terra Prometida e no que non existe máis límite que a realidade que os rodea.

1403756_10152051727275477_1125620417_o (1)_resultQue cree que gusta ao espectador da webserie?

Unha das nosas apostas é crear unhas personaxes icónicas. Para iso, o Richi e o Maxi, non dubidan en facer gala dunha dialéctica e estética propia. A coidada dirección de arte da man de Alba Gómez e das Pencas xunto coa banda sonora de Zoran Djukanovic fan que o noso Produto non pase desapercibido. Ademais, a mistura de referentes, lendas locais e refráns nas situacións máis inverosímiles e irreverentes confírenlle un carácter único que ten boa aceptación entre o noso público.

Como transcorren as rodaxes dos capítulos? 

Facer comedia é un xénero moi agradecido nas rodaxes, houbo momentos que tivemos que repetir varias veces porque o riso era incontible. Nembargantes iso non quita o esforzo e dedicación propios dunha rodaxe. A gravación da primeira tempada foi posible gracias a implicación dunha grande equipa de profesionais, concellos e pequenas empresas que nos brindaron o seu apoio.

A rodaxe da primeira tempada fixémola nun total de 16 días, que se repartiron en tres partes nos concellos de Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, Xinzo, Ourense e a Merca. O frío e os cambios de localizacións foron as partes máis duras da rodaxe pero ver que o noso proxecto comezaba a coller forma cargábanos de ilusión para seguir adiante.

Como está a ser a acollida?

A aceptación está a ser moi boa tanto a nivel de público como mediático. Desde que fixemos a primeiras proxeccións, ata que subimos o último capítulo o número de fans da serie non ten deixado de medrar. Tanto a webserie, como o Richi e o Maxi teñen participado en distintos certames, encontros audiovisuais e festivais.

Onde máis desfrutamos son nas distintas proxeccións que levamos facendo por Galiza. Poder ver en directo a acollida do público, coñecer as súas opinións e valoracións é para nos moi proveitoso e reconfortante.

_MX_0246_resultQue significou ser finalistas nos Mestre Máteo, nomeados no Carballo Interplay ou na primeira edición dos Premios Crea?

Que o noso proxecto fose finalista en nestes certames é un grande recoñecemento para o traballo de todo o equipo. Facer o que nos gusta, como nos gusta, e por riba ser nomeado, mola.

No que se refire a distribución da webserie supón unha grande axuda. Hai moita xente que nos coñeceu que gracias a estes premios. A nosa idea e que falen de nós, aínda que sexa ben. E sobre todo que vexan toda a primeira tempada que xa temos colgada na nosa páxina web www.pib-serie.com.

Como ve o sector audiovisual? De cara onde cree camiña o sector webseries?

Actualmente existe unha grande demanda e oferta de contidos o cal e bo dende o punto de vista de calidade e creativo. Sen embargo a posibilidade de gozar deles de maneira gratuíta ou pirata, fai que o espectador teña unha visión distorsionada do valor real do produto que consume.

O mundo das webseries non se escapa desta realidade, sendo a seu financiamento e rendibilidade un dos factores máis críticos. Levar a cabo una webserie como a nosa cunha metraxe de 88 minutos e cun presuposto mínimo require grandes esforzos en tódalas partes da produción.

O camiño a percorrer polas webseries é impredicible. Hai moitos formatos distintos e todos eles en constante revisión. O feito de non ter xustificar presupostos permite arriscar, plantexar novos linguaxes, fracasar estrepitosamente ou acertar exponencialmente.

Te puede interesar