O “milagre” do Boletín Auriense cumpre 52 anos

José Ramón Lema, Antón Costa, Bieito Pérez, Xulio Rodríguez, María Luisa Castro, Rafael Rodríguez e Francisco Fariña, onte na presentación do boletín.
photo_camera José Ramón Lema, Antón Costa, Bieito Pérez, Xulio Rodríguez, María Luisa Castro, Rafael Rodríguez e Francisco Fariña, onte na presentación do boletín.
O Boletín Auriense, difusor da cultura e o patrimonio ourensán, cumpre 52 anos

“E parece que cada tomo que sae é un milagre, levamos 52 milagres”, apunta Xulio Rodríguez, director do Museo Arqueolóxico Provincial e secretario do Grupo Marcelo Macías, entidades que impulsan esta publicación que se intercambia ata con 400 institucións de todo o mundo.

A Fundación Olga Gallego permite que o Boletín Auriense siga publicándose. Na nova edición hai 15 traballos científicos, 10 deles en galego. “É un compromiso por apoiar e difundir o idioma”, di Bieito Pérez Outeiriño, presidente do Grupo Marcelo Macías. Pérez Outeiriño subliña a “falta de apoios económicos” con esta publicación que expande a investigación que se fai en Ourense ao resto do planeta. “Poucas publicacións teñen ese nivel de intercambio científico con centros como o Arqueolóxico alemán e outras institucións”, sinala o director do Arqueolóxico.

Te puede interesar