Elecciones 12-J | Entrevista

Milagros Corral: "O fundamental para Ourense é conseguir o desenvolvemento do ámbito rural"

Milagros Corral, candidata de Marea Galeguista.
photo_camera Milagros Corral, candidata de Marea Galeguista.
"Para crear emprego é imprescindible atraer inversión estranxeira" din a cabeza de lista por Ourense da Marea Galeguista

Dentro das diferentes opcións á esquerda do arco político, Marea Galeguista confía en atopar o seu oco. Milagros Corral é a cabeza de lista provincial coa intención de "dar voz" a Ourense no Parlamento de Galicia.

Cales son esas propostas fundamentais que ten a Marea Galeguista para Ourense?

Levamos un programa moi amplo pero para Ourense penso que o fundamental é conseguir afianzar e desenvolver o rural, afianzar servizos que son moi necesarios e potenciar o emprego xuvenil.

Cal é a liña a seguir para traballar nestes aspectos?

Consideramos que a nivel de emprego é imprescindible atraer inversión estranxeira, que se implanten empresas, desenvolver as potencialidades de Ourense a nivel arquitectónico: somos a segunda cidade de Europa máis importante con riqueza arquitectónica románica, cunha gastronomía excepcional, catro denominacións de orixe, temos montaña, parques naturais… Teríamos moitos sitios onde poder implantar esa semilliña de empresas que xeren riqueza e emprego.

Cales son as vosas expectativas de cara aos comicios?

A expectativa é saír e acadar representación de alguén que sinta que Ourense ten capacidade de ter voz e voto e un peso especifico dentro do Parlamento. Se hai unha persoa que pode decidir sobre o que se pode facer en Ourense, as cousas serán distintas. 

Que é o máis diferenciador da Marea Galeguista?

O que penso que nos diferencia fundamentalmente é que nós queremos ofrecerlle aos galegos pelexando no é por implantar unhas ideas utópicas e iluminadas, senón que o que vimos a pedir e esixir é ao goberno da Xunta para que non se esqueza de Ourense.

E a túa aportación como candidata?

Primeiro traballo. Son unha persoa que cre firmemente na capacidade de traballo, non vale deixar pasar catro anos. Os que vamos ao Parlamento temos que ir coa mentalidade de que o mesmo que nunha empresa privada, o noso soldo témolo que amarrar.

Cales son as infraestruturas e servizos máis necesarios para a provincia?

Ourense agora mesmo ten unha infraestrutura pendente e fundamental que é a chegada do AVE. Tería que ser un punto de inflexión na provincia, no desenvolvemento de Ourense.

Te puede interesar