“Montealegre vaise converter no gran xardín botánico do suroeste galego”

Francisco Rodríguez, no salón de plenos da Casa Consistorial (Foto: Xesús Fariñas)
E o oitavo alcalde da democracia na cidade das Burgas e cumpre o primeiro ano do seu segundo mandato nesta responsabilidade. Francisco Rodríguez fai agora un balance de contención, propio de tempos de crise, pero sobre todo amósase duro coa Xunta de Galicia, da que di que castiga a Ourense porque non a goberna. E anuncia, taxante: o Montealegre será, finalmente, un gran xardín botánico, dentro duns meses.
Faría un balance satisfactorio deste primeiro ano de goberno do seu segundo mandato?
Fixemos unha política de continuidade nos proxectos iniciados pero houbo un cambio de goberno en Madrid que afectou negativamente ás grandes inversións. E, dende lodo, non podo esquecer a insatisfacción co goberno da Xunta, pola desconsideración con Ourense. Véxase o Plan Director do Complexo Hospitalario, que se nos presentou hai uns días e que é o mesmo que coñecimos catro anos antes por outro goberno; ou os centros de saúde, e cousas inconcebibles como a paralización do Centro de parques naturais, paralizado simplemente por negarse a firmar, a Xunta, unha modificación das anualidades. Están en xogo sete millóns de euros que haberá que devolver e alí quedará un edificio a medio facer no centro do bulevar termal. Só se entende a actitude da Xunta por unha vontade de hostigar á cidade porque non a goberna. E o curioso é que aquí non ten nin que poñer cartos, máis que o mobiliario posterior. Tampouco se perfila a sede da Confederación Hidrográfica nin algo tan sinxelo como a apertura de un acceso ó claustro románico de San Francisco.

É, pois, o balance dun ano tan negro coma a crise.
Bueno, nós si impulsamos temas estratéxicos. O abastecemento da auga, a cargo de Aquanorte, é unha inversión multimillonaria; o saneamento coa estación de bombeo que acabamos de asumir. Estamos a falar de 120 ou 130 millóns de euros. Aprobamos o PERI das Burgas, co que queda despexado o horizonte dende o punto de vista legal e poderemos impulsar o Plan Termal. E estamos a preparar o estudo de detalle para poder dispoñer da vella cadea, a traballar nas traseiras das Burgas e na Molinera, por exemplo.

Pero aínda non sabe que se fará coa estación do AVE.
Estamos pendientes de que se firme o convenio. Eu prefiro pensar en positivo e que vai a impoñerse o sentido común porque se nos basamos nos criterios técnicos, e eses técnicos que revisan a integración son os mesmos que aconsellaron o o xa decidido, non tería que haber problema agora.

Ten, de tódolos xeitos, serias cuestión pendentes e que urxe resolver. Por exemplo, o futuro do Festival de Cine. Realmente haberá OUFF este outono porque parece que o goberno on é capaz de tomar unha decisión?
Como goberno, faremos todo o posible para que o certame non desapareza; a vontade compartida coa presidenta do Consorcio, Isabel Pérez, é de mantelo. Pero hai que resolver a disolución do Consorcio, onde o órgano fiscalizador é a Deputación, co interventor; e o asesor é municipal. Hai que liquidar cotnas e, cecais, débedas, por eso lle pedimos que nos aclare a situación. Non podemos decidir unilateralmente o futuro do Festival namentras a Deputación non diga claramente o que vai facer.

Pero xa llo dixo en decembro.
Si pero hai que dar o paso para a disolución do Consorcio.

E quen o ten que dar?
O propio Consorcio. Haberá que convocalo e aí tomar a decisión. Despois seguiría adiante o Concello só.

Dase conta de que o tempo xoga na súa contra, que a medida hai que tomala xa?
Si pero hai que resolver eso primeiro, é o Consorcio incluso o que aproba as bases e recibe as películas.

Despéxeme a incógnita de Montealegre. Que vai ser, porque a concelleira quere un parque forestal e a súa tenente de alcalde compatibilízao cos magostos?
Vai ser o que ten que ser.

E iso é...?
Ten que responder á filosofía pola que foi creado, ese gran bosque mediterráneo que ten que cumplir unha función educativa e de ocio; ten que estar xestionado por un patronato e hai que darlle a importancia que ten. Se pensaramos que eso se concibe para facer o magosto ou uns churrascos, tería razón o PP de que é un diñeiro moi mal invertido. Sigo convencido de que, pese a tódolos atrancos, podemos disfrutar dun gran espacio verde. Vai ser un gran parque ...

Pero botánico?
Si, será o gran xardín botánico do suroeste de Galicia.
Non é chocante que a estas alturas do ano e cun goberno estable como o que disfruta aínda non teña nin presentado o presuposto para o ano en curso?
Temos dúbidas importantes. Non sabemos se o adianto a conta que nos fixo o Goberno pola participación de 2009 temos que devolvela a cinco ou 10 anos. Xa sei que sona a excusas de mal pagador pero estes mesmos meses soubemos que nos recorta a Xunta, que non hai nada para dependencia, ... eso nos dificulta o peche das contas, especialmente o gasto corriente. E cando hai dúas semanas o tiñamos xa pechado, chega unha sentencia que nos obriga a pagar 650.000 euros a Vila Rejo e un ultimátum para tirar o edificio das Caldas.

Ou sexa, que non haberá contas ata setembro.
Non pasa nada porque apenas vai haber inversión. O pouco que hai será para manter a prestación dos servicios. Non contamos con ingresos por patrimonio municipal do solo, xa non sacamos oferta de emprego público, nin sustitucións, polo que contraeremos o gasto de persoal, e así todo. n

Te puede interesar