OCIO

O videomapping, un clásico que regresa á cidade por Nadal

Jesús Vázquez defendeu o traballo feito para este tiempo navideño pola "ilusión que puxemos"

Esta mañá presentouse no Concello a Campaña de Nadal de Ourense. O alcalde do Concello de Ourense, Jesús Vázquez, explicou que iniciaron "unha campaña a través dun medio autonómico para levar a todos os puntos de Galicia esta campaña de 'Cidade Capital do Nadal en Galicia'.

O rexidor contou que este sábado a cidade volverá a ter "ese deseado videomapping na fachada e haberá novidades". Sobre o programa para estas festas, Jesús Vázquez afirmou que "estamos abrindo unha oferta moi variada e coa que nos consta que está vindo xente a disfrutar da cidade". Defendeu o traballo feito para este Nadal pola "ilusión que puxemos". 

A cita, este sábado 17 de decembro en dous pases: 20.00 horas e 21.00 horas.

Te puede interesar