“Nadal en familia” achega teatro, circo e danza ao público ourensán no Principal de Ourense

O "Nadal en familia" achega a Ourense actos culturais e artísticos

O Teatro Principal programa “Nadal en familia”, que achegará aos máis pequenos propostas de circo, teatro e danza entre o 23 e o 29 de decembro. O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, e a directora do Teatro Principal, Olga Mojón, presentaron onte as actividades para estas datas sinaladas.

A programación arranca no Teatro Principal o 23 de decembro co espectáculo circense “Gatlük, un sueño de Navidad”, ás 18,00 e as 19,30 horas. E repetirá o 26, ás 12,00 e ás 18,00 horas. Despois, dúas citas de teatro infantil. O 27 de decembro, “Voa voa”, ás 18,00 horas, unha obra pensada para nenos a partir de 6 anos. E o 28 de decembro, “A nena que vivía nunha caixa de mistos”, en sesión ás 12,00 horas e ás 18,00 horas. Por último, o día 29 as 18,00 horas, danza familiar con “Nina Ninette”.

Te puede interesar