Padre Feijóo - 250 aniversario

A necesidade de modernizar unha medicina inmobilista

Conta o Padre Feijoo que na súa infancia era de común asentimento ser moi perigoso inserir alimento despois de ter comido chocolate. A natureza do mozo Feijoo xa se rebelaba ante estas afirmacións sen com- probación empírica que el decidiu explorar. Nesta decisión tivo tanta responsabilidade a curiosi- dade como a “golosina pueril” (en idade madura seguiu mantendo a afección ó chocolate que disfrutaba xunto a algún tabaco, mesmo escribiu un discurso sobre a mellor conservación destes produtos). O Padre Feijoo narra así o experimento: “Inmediatamente después del chocolate, comí una buena porción de torreznos, y me hallé lindamente así aquel día, como mucho tiempo después; con que me reía a mi salvo de los que estaban ocupados de aquel miedo”. Seguidamente, á vista da positiva proba pensou que podía pórse outra vez a proba e pór en cuestión a prohibición do sono logo dunha purga, que dicían puña en perigo o xuízo ou incluso a vida. Os riscos non conseguiron evadilo dunha nova comprobación: “me dejé dormir lindamente en ocasión que había tomado una purga, sin padecer por ello la menor inmutación. [...] Después oí decir, que el sueño impedía o minoraba la acción del purgante; lo cual también es falso, como he experimentado muchas veces; porque en mi juventud me purgaba con bastante frecuencia, de lo que ahora estoy muy arrepentido, y muy enmendado”.

Esta pasaxe da vida infantil de Feijoo, perdida nun discurso titulado “Observaciones comunes”, texto repleto de exemplos sen máis unión que o de defende-la razón, reflicte a pontecialidade dun neno que pon en dúbida o coñecemento superfluo e defende os datos empíricos. A fortuna quixo que ese ne- no puidese desenvolver e afianzar o seu pensamento e abrir novas vías dentro da ciencia española, e moitas delas, como vimos dedicadas a esas vivencias de xuventude no campo da medicina. Foi tan extenso o labor dentro deste eido que podería dicirse, con Gregorio Marañón, que dentro do Padre Feijoo había un médico frustrado, aínda que tal de- finición non gustase a Otero Pedrayo, para o que esta dedicación cumpría unha porción esencial dentro da súa empresa: a salvación en todo momento da dignidade do home pola razón. Son algo así como trinta e nove os escritos que dedicou a asuntos médicos, os cales suscitaron as máis acedas polémicas, ataques e defensas.

No tempo do Padre Feijoo a medicina estaba repleta de falsos mitos e supersticións e dominada por curandeiros, magos e personaxes de todo tipo que ofrecían a curación sen o menor método científico. Tampouco a profesión médica en España tiña progresado e adquirido os avances que no resto de Europa se ex- perimentaban e continuaba, de forma predominante, coa práctica da medicina galénica, na que a sangría e a purga eran as principais recomendacións.

Ese inmobilismo é un dos erros que critica o Padre Feijoo, cuxa raizame se atopa, segundo el, na deficien- te formación que se impartía ós alumnos nas facultades. Nas universidades atendíase prin- cipalmente ó estudo teórico, con materias que nalgún caso nada tiñan que ver coa medicina, como a filosofía ou mesmo se lle daba máis valor ó coñecemento do latín que ó anatómico. Nestes estudos non tiña se lle proporcionaba o coñecemento práctico preciso para poder gañar a experiencia necesaria para o futuro, fundamental para o Padre Feijoo, quen propugnaba que os alumnos durante a súa formación debían acompañar ós médicos en hospitais ou mesmo en autopsia 

A crítica do Padre Feijoo esténdese ós profesionais xa en exercicio ou máis ben cara o modo de exercer. Nos seus discursos trata o Padre Mestre de introduci-la dúbida na infalibilidade que se supuña a estes profesionais. Os pacientes acudían a eles con fe cega e ignoraban, que en moitos casos, se lle ía a vida polo mesmo camiño no que buscaban remedio. Neste sentido, posiciónase en contra do abuso dos medicamentos: “hay algunos, y no pocos, que recetan más de lo que les dicta la razón, a fin de conservar su crédito”, a algún só lle falta receita- las cinsas do Fénix, di.

Nos seus primeiros discur- sos como “Regimen para conservar la salud” atende a outras temáticas como a dietética, que avanza outros sobre anatomía, fisioloxía, prevención de enfermidades... nuns escritos que fo- ron contestados con argumentos como que atentaba contra a tradición, a dignidade de clase ou a relixión. Mais tiña o Padre Feijoo numerosos seguidores entre os médicos, sobre todo no ámbito madrileño, que apostaban como el por unha maior experimentación fundamentada. Signo deste apoio é o nomeamento como membro da Regia Sociedad de Medicina y demás Ciencias de Sevilla en 1727.

Se as ideas de filósofos como Leibniz, Kant ou Hegel tiveron grande inf luencia no desenvolvemento da medicina en Alemania a principios do século XVIII ou D'Alembert e Cabanis a finais do mesmo en Francia, en España é o Padre Feijoo quen desempeña este papel, non só na reclamación senón tamén na investigación de novos temas novidosos.

Te puede interesar