Naceu rua do Paseo, daquelas José Antonio, no edificio da Ibense, hoxe propiedade duns curmáns seus. Foi neno urbanita que descubriu o rural, as tradicións e o galego nunha finca familiar en Mariñamansa.

De neno urbanita a edil nacionalista

Tabarés, concelleiro do BNG. (Foto: LR)
Éparadigma da discreción, producto da timidez confesa, que vence con dotes de bon conversador, cabeza ben disposta e memoria notable. Foi protagonista de fitos do nacionalismo ourensán, ainda que non presume delo, como ser o primeiro concelleiro do BNG en Ourense, cando ainda non se chamaba así, con Milagros Freán. En realidade, o nacionalismo xa era a sua causa dende moito antes, pois foi un sentimento no que foi afondando dende as milicias universitarias, con compañeiros cataláns en Lleida.
Ata ahí percorreu un longo treito. Foi neno urbano, fillo de familia acomodada, pois seu pai era procurador dos tribunais. Deu os primeiros escolares na academia de Angelita Varela e despois pasou á dos irmáns Bóveda, na Alameda do Cruceiro, onde fixo peritaxe mercantil, profesión que nunca exerceu. Entre o claustro figuraban profesores represaliados do franquismo. A sua educación urbanita tivo como contrapunto o contacto co rural a través dunha finca que os pais tiñan en Mariñamansa, a altura do actual barrio do Santo Cristo, no que hoxe reside co seu can.

Nise entorno topouse cas tradicións e co galego que falaban os caseiros. Foi o xérmolo dunha idea que foi alimentando durante anos. Terminado peritaxe en Ourense marchou para Vigo e alí fixo o industrial químico durante cinco anos, ó que sí se adicou traballando para unha firma catalana.

De ahí saltou á docencia no ensino secundario como profesor numerario de Formación Profesional. Cos destinos rondou pola provincia, pois pasou polos institutos de Celanova, Verín, Carballiño, Ourense e, por último, Chantada, onde obtivo a plaza definitiva e no que permañeceu ata a xubilación.

Foi sarxento de milicias, 'como consecuencia de ser moi mal militar, pois os bós saían tenientes'. Era pouco marcial, 'un patoso', dí. Ise mundo tan pouco apetente, porén, serviulle para entrar en contacto con xente que xa se movía no nacionalismo, nos finais dos sesenta.

De volta, frecuentou a Auriense, 'por onde andaban Carlos Guitián, Xosé Lois González ('O Carrabouxo'), e outra xente interesante vencellada ó nacionalismo'. Acabou sendo presidente 'e voltei a selo moitos anos despois, cando me xubilei'.

Entrou na UPG, e en 1977 foi candidato ó senado con Emilio Graña, a quen sitúa como 'un home extraordinario', do que ademáis coñeceu o seu labor docente en Os Milagres, onde estivo un tempo de profesor. Despois, en 1979 encabezou a lista do BNG ó concello de Ourense, sendo elexido con Milagros Freán Francisco.

Daquela época lembra que puxo 'moito empeño e traballo; movénomos moito e apoianmos iniciativas de gran trascendencia como a mobilización que parou o proxecto urbanístico previsto na Finca Sevilla'. Pesea elo admite que foi unha etapa 'na que persoalmente non o pasei ben', porque a 'organización decidía facer política global nunha institución que se fan cousas moi concretas' e tamén pola estratexia de 'indefinición diante das accións de ETA e non suscribir os atentados de condena' pola decisión superior de 'non meterse no que pasaba noutras partes', pero que os deixaba ós pés dos cabalos. 'É certo que a redacción dises comunicados incluía cuestións alleas á condena estricta do terrorismo, que facía difícil asumilos, pero ca nosa negativa, machacábannos'.

A pesares de todo, mantén boa relación co alcalde daquela, José Luis López Iglesias, a quen ten por 'home aberto, pois tivo o detalle de incluirnos na Comisión Permanente -órgano de deliberación e decisión da maioría dos asuntos municipais-, con voz pero sin voto'.

Catro anos despois apartouse e non voltou máis á primeira línea, 'ainda que manteño a lealdade a miña organización'. Non pode por menos que reflexar 'mágoa polo momento que atravesa hoxe o nacionalismo, porque é moi difícil, costa moitos anos construir unha alternativa política como para esfarelar todo desta maneira, reproducindo o minifundismo político'.

No persoal, disfruta da xubilación, camiña co seu can,que atopou na rua e adoptou, lé, usa a informática, viaxa e pasa tempadas en Amoeiro e Cangas, sempre como paseante impenitente.

Te puede interesar