Noa Presas: “O noso país precisa de forzas propias"

photo_camera Paco García participou nun encontro sobre servizos bancarios no Ateneo.

Fixo estas declaracións despois dun reparto do programa electoral pola cidade no penúltimo día de campaña

Noa Presas, cabeza de lista do BNG, advertiu onte que "o nacionalismo ten que estar porque o país ten problemas específicos e precisa de forzas propias". Fixo estas declaracións despois dun reparto do programa electoral pola cidade no penúltimo día de campaña, engadindo que "a ofensiva contra as forzas nacionalistas no Estado é a constatación de que só os nacionalistas están pola ruptura do Réxime do 78". Pola mañá, Paco García, participou nun encontro sobre os servizos bancarios. 

Te puede interesar