NÓS

Noa Presas propón rebaixar a xornada laboral ata as 35 horas semanais

Ourense. 15-12-2015. Rolda de prensa de Noa Presas y Belén Martínez. Paz
photo_camera Noa Presas e Belén Martínez, este martes en rolda de prensa. (JOSÉ PAZ)

Entre as propostas para crear emprego, a cabeza de lista de Nós tamén destacou incentivos fiscais para reactivar o sector primario e servizos

Noa Presas, a cabeza de lista de Nós-Candidatura Galega por Ourense, explicou esta mañá as medidas do programa do partido para crear emprego. Presas dividiu as propostas en catro ámbitos: medidas derrogatorias, camiño cara un marco galego de relacións laborais, recuperación de garantías laborais e medidas de fomento do emprego. As vinte medidas figuran no anexo. Presas estivo acompañada na rolda de prensa pola secretaria de organización da CIG, Belén Martínez.

Entre as propostas, Presas salientou “a redución da xornada laboral até as 35 horas semanais e un plan específico para o fomento do emprego xuvenil”. Tamén engadiu incentivos fiscais para reactivar o sector primario e o sector servizos, como rebaixar a presión fiscal para pequenas e micro-empresas así como para as cooperativas e apoiar os circuítos curtos de comercialización e transformación por parte das propias persoas produtoras e aposta na produción diferenciada e de calidade.

Carteiros contra os retallos

A primeira hora da mañá, Presas mantivo un encontro con carteiros na cidade. O colectivo denuncia que nos últimos anos o persoal no Estado reduciuse de 67.000 a 51.000 traballadoras, que na provincia perdéronse un terzo dos postos de traballo (de 600 a uns 400 na actualidade) e que Ourense está sendo a provincia onde se veñen ensaiando os retallos no servizo aos cidadáns: fai quince anos que se eliminou o carteiro urbano de Bande, o primeiro en todo o Estado, e tamén quedaron sen este servizo vilas como Castro Caldelas e Viana. Os carteiros advirten que detrás dos retallos hai unha intención de depreciar o servizo postal público e levalo á privatización.

Te puede interesar