Nogueira recupera a camiñada nocturna polo San Xoán

O Concello de Nogueira de Ramuín volve celebrar este ano a camiñada nocturna do San Xoán. O vindeiro día 23 de xuño, ás 21,45 horas, sairá da praza de Luíntra e percorrerá 7 quilómetros. Ao remate, os participantes poderán gozar de sardiñas asadas e costela ao forno, e non faltará a “cacharela purificadora”. O remate das inscricións é o 20 de xuño e o custo é de 8 euros.

Te puede interesar