entrevista

"Non entendo como nos últimos anos non se escoitou á xente"

O candidato Pérez Carral (MARTIÑO PINAL).
photo_camera O candidato Pérez Carral (MARTIÑO PINAL).

Óscar Pérez Carral deixa en segundo plano a súa profesión no sector sanitario, e afronta a recta final de campaña optimista e con gañas de seguir a pé de rúa.

Conta co respaldo total de Pachi Vázquez, promotor de Espazo Común, para conseguir entrar na vindeira corporación de Ourense. Ambos unidos por un pasado socialista, do que aínda quedan propostas e proxectos. Óscar Pérez Carral deixa en segundo plano a súa profesión no sector sanitario, e afronta a recta final de campaña optimista e con gañas de seguir a pé de rúa. Ahí é onde está a cimentar a súa estratexia un partido de "centroesquerda" que non ten medo ó examen do 26 de mayo.

Chega a recta final da campaña. Como está a levar esta nova experiencia en primeira liña política?

A sensación que estou notando a pé de rúa, mentres explicamos o programa, é que a xente ten claro o que non quere no Concello. Iso o primeiro. E logo pídennos propostas. O noso programa parécelles bastante atractivo porque ven que respetamos os servizos sociais, que fomentamos os temas deportivos e que é un plan que saee da xente e dos diferentes colectivos que aportaron as súas ideas. Comentan que transmitimos ilusión. 

Non apostan por grandes actos. Están baseándose no cara a cara cos veciños...

Nós non buscamos fotos. Queremos que a xente teña facilidade para contarnos as cousas. Levamos máis de dous meses en contacto con colectivos e asociacións de veciños. Ao final son eles os que comunican as liñas que debemos seguir. E son moi razoables. Non entendo como nos últimos anos non escoitaron á xente. Non piden nada raro. So un trato cercano, acceso ás institucións, que a cidade esté limpa... 

Espazo Común aposta por xente sen pasado en primeira liña política. Como cree que o perciben os cidadáns?

Levamos unha lista de traballadores, de diferentes sectores. Aquí todo o mundo aporta. O número dous, o tres o catro... poderían ser o cabeza de lista perfectamente. Iso non pasa noutros partidos. Non é unha lista personalista como no PSOE ou no PP. Todos temos capacidade para aportar ilusión. E iso diferéncianos do resto. A xente o que quere é que alguén lles preste atención.

Cales son as principales medidas do programa que presentan?

Unha das liñas mestras son os servizos sociais. Cremos que o aspecto social ten que ter unha relevancia, axudar aos colectivos e facilitarlle a súa labor diaria. Logo, o deporte. Podemos aportar unha visión diferente prantexada dende os propios clubes. Tamén fomentar o diálogo institucional. Creo na institución. É a primeira empresa do concello e un motor económico. E falar ben dela. Hai que darlle o prestixio que merecen aos bombeiros, á Policía, ós funcionarios... e o termalismo, nas dúas marxes do río, e a cultura teñen que ser outros eixes económicos.

Toca distinguirse entre 15 listas...

Para min, como cidadán, é algo bo. Demostra que a xente implicouse, saíu da súa zona de confort e deu un paso cara adiante. Agora queda que, se os veciños non queren ós que estaban porque o fixeron mal, aposten por outras alternativas. Hai que deixar atrás a expresión de voto útil e usar a de política útil

Preparado para falar de pactos tralo 26 de maio, en caso de ser necesario?

A política ten que ser o arte de dialogar. Estaremos apoiando todos aqueles grandes proxectos que sexan bos para a cidade.

Te puede interesar