ENTROIDO OURENSÁN

Non tes plan para mañá? Pois toma nota de todas as citas de Entroido!

photo_camera Ás 11:30 horas será a popular concentración de Cigarróns na praza do Concello, en Verín.

O domingo de Corredoiro desembarca en varias vilas da provincia de Ourense!

Se non tes plan para este domingo? Non hai problema! A continuación podes concultar todas as citas do domingo de Corredoiro que se dan este domingo, día 4, na provincia de Ourense:

Verín

Ás 11:30 horas será a popular concentración de Cigarróns na praza do Concello. Os Fregueses/as serán recibidos á saída das igrexas RR.PP Mercedarios e Parroquial polos cigarróns. A continuación, na mesma praza, o pregón deste Entroido. A festa estará amenizada pola Disco Móbil Gramola, o grupo Aramio e as charangas Támega e Vakapinta, a partir das 18:30 na praza Maior.

Xinzo

No domingo de Corredoiro en Xinzo as Pantallas deixaranse ver por primeira vez na festa. A partir das 12:30 horas reuniranse na praza Maior para despois facer os seus característicos bailes e brincos polas rúas da vila, ao son da música das charangas La Nota e XL.

En esta jornada las Pantallas do Entroido de Xinzo harán su primera aparición en la fiesta. A partir de las 12h30 las Pantallas se reunirán en la praza Maior para posteriormente realizar sus característicos bailes y saltos por las calles de la villa al son de la música de las charangas La Nota y XL.

Trives

Trives é outra das vilas ourensás que teñen unha cita "entroideira" este domingo. O desfile de folións será na Finca da Barreira a partir das 16:00 horas.

Vilardevós

Os curiosos que se acheguen ao Entroido desta vila, deberán esperar á saída da misa das 12:00 horas para ver aos chocalleiros desfilar por Vilardevós.

Seixalbo e Eiroás

O matrimonio máis coñecido de Seixalbo regresa. Paquita e Nicanor volven a Seixalbo para ter unha xornada festiva a partir das 17:00 horas. En Eiroás toca o domingo Oleiro, a partir das 17:00 horas.

Te puede interesar