Nós aposta por unha tarifa eléctrica galega

photo_camera Acto de Nós, este venres en Oira. (MARTIÑO PINAL)

A cabeza de lista de NÓS Candidatura Galega por Ourense sinalou que "a tarifa eléctrica galega é tamén unha medida contra a pobreza enerxética"

“Unha tarifa eléctrica galega suporía un aforro dun 30% nos custes da electricidade para a xente, e tamén para as empresas”, subliñou Noa Presas, hoxe en Ourense no arranque da campaña do 20D.

A cabeza de lista de NÓS Candidatura Galega por Ourense sinalou que “a tarifa eléctrica galega é tamén unha medida contra a pobreza enerxética” e mesmo contra “a deslocalización das grandes empresas”. Noa Presas indicou ademais que o no aproveitamento dos ríos, tan intenso nunha provincia como Ourense, hai que ter en conta os impactos sobre o medio ambiente para limitalos.

Olalla Fernández Dávila, que acompañou á candidata no acto xunto a presa de Velle, lembrou que “a tarifa eléctrica galega que reclamamos desde NÓS é coherente coa defensa que se fai desde o nacionalismo dos nosos sectores produtivos de maneira que se desenvolva a economía do país, se xere emprego e benestar”.

NÓS Candidatura Galega tamén inclúe no seu programa, entre as medidas urxentes en materia enerxética, a derrogación do imposto ao sol e o apoio ás enerxías renovábeis e ao autoconsumo.

Te puede interesar