A nova forma de comunicar na pandemia, en Expourense

O vindeiro venres, 20 de novembro, celébrase unha nova edición do Foro da comunicación, que organizan Expourense e o  Clúster da Comunicación de Galicia, e que abordará os retos da comunicación corporativa en tempos de crises e os cambios que a pandemia está a xerar. 

A actividade poderase seguir en liña a través de Zoom, se ben Expourense ofrece a posibilidade de seguilo a través do equipamiento audiovisual das súas instalacións. A inscrición, de carácter gratuíto, pode realizarse a través de www.expourense.org .

Haberá dúas clases maxistrais nas que dous recoñecidos relatores. Xosé Luis Reza, presidente do Clúster da Comunicación e da Asociación galega de marketing, explicará cómo adaptar un plan de marketing a este novo contexto, e  a directora de Marketing e Comunicación Dixital da consultora Torres y Carrera, Laura Vázquez, abordará a evolución da comunicación corporativa dende o comezo da crise. 

Mesa redonda

Haberá unha mesa redonda moderada por un representante de La Región que aborda conceptos como a "infodemia" (exceso de información sobre a pandemia) e como están afectando as relacións informativas entre institucións, empresas, gabinetes e medios. Contará coa participación de Myriam Sierra eCarlos Bermello, responsables de comunicación da área sanitaria; Álvaro Brandau, director de desenvolvemento estratéxico en Avante Evolumedia, Álvaro Brandau, e Javier Fraiz, do Colexio de Xornalistas. 

Te puede interesar