Tribuna

Novo emprazamento do cruceiro de Faílde

Antonio Faílde Gago, nado o día 2 de xullo do ano 1907 na casa número 38 da rúa Hernán Cortés da nosa cidade, fillo de nai emigrante, pasou a súa nenez na cativa aldea de Piñor, e máis tarde, de mozo, iniciou o seu aprendizaxe no oficio de canteiro, profesión exercida polo seu tataravó, no seu tempo, famoso santeiro. Ante a chamada insistente da arte matricúlase na Escola de Artes e Oficios de Ourense, tarefa que comparte có traballo realizado nos obradoiros dos marmoristas Núñez e Piñeiro, este último con obradoiro na rúa Desengano da capital. Súas inquedanzas artísticas unidas á influencia dos seus mestres, sobre todo do último, Piñeiro, xuntamente co seu tesón, fano acredor dunha beca concedida pola Deputación Provincial de Ourense para cursar estudios da arte na Escola de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid. Transcorrida a guerra civil, o 26 de xuño do 1940, o escultor concursa e obtén a praza de mestre de Modelado e Vaciado na Escola de Artes e Oficios de Ourense.

 

hervella.jpg_web

A interesante obra de Faílde, aínda non suficientemente estudada, abrangue un período duns trinta anos. Súa característica máis sinalada o constitúe a súa insistencia polos traballos sinxelos e ben feitos. Dos materiais habitualmente utilizados polo escultor o seu preferente é o duro granito da nosa terra; con el crea as súas obras, aparentemente inxenuas pero atraveso das que se ve reflectido, con reminiscencias románicas e barrocas, o noso arte popular.

Súa obra escultórica abrangue un amplo espectro artístico: debuxante de boceis, tallista, bronceador; pero, indubidablemente será na faceta de canteiro e escultor onde máis destaque. Seus orixes e a súa permanente estadía na nosa terra marcarán profundamente a alma do artista identificándose plenamente nela nas súas obras, fundamentalmente na labra os cruceiros. O cruceiro, recentemente trasladado con bo acerto, do pequeno xardín situado a carón do Museo Arqueolóxico Provincial, á escalo nada rúa de Bailén, foi encargado ao artista polo Concello Ourensá en novembro do ano l961, formando entrando a formar parte dos moitos que realizou para Galicia e fora dela, constituíndo un claro exemplo dese traballo que tanto amou. Súa sinxeleza non exenta de beleza vese reflectida no apostolado do capitel así como nas imaxes talladas a ámbolos lados da cruz. Resulta especialmente significativo na labra da Virxe, excesivamente voluminosa en relación có cativo corpo xacente do seu Fillo morto ao cal máis parece amosalo que sostelo. O capitel, conxuntamente coa cruz, ás que se suman outras pezas de indubidable valor figuraron na exposición có mestre presentou en Madrid, na sala da Dirección General de Bellas Artes que segundo os xornais da época foron moi eloxiadas.

Felicitacións ao autor ou autores do traslado pois o sitio elixido resulta francamente idóneo para a exposición permanente desta singular mostra do noso arte popular.

Te puede interesar