O núcleo de Pereiro estrea novo centro urbán

photo_camera La Xunta de Galicia y el Concello invirtieron 167.000 euros en la humanización de Pereiro de Aguiar. La plaza del concello y otras vías de la localidad lucen un nuevo aspecto tras las diferentes actuaciones.

O núcleo de Pereiro, capitalidade do concello de Pereiro de Aguiar, estreou onte un centro urbán completamente renovado. Ata alí desprazouse a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, acompañada do delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o alcalde de Pereiro, Luis Menor. Esta obra supuxo un investimento de preto de 168.000 euros, financiados na súa meirande parte polo goberno galego. Esta actuación afectou á rúa Grande, á praza do Concello e ao camiño Baralongo, que agora contan cun aspecto renovado, máis integrado coa paisaxe e máis adaptado ás necesidades da veciñanza.

Os traballos consistiron no soterramento das instalacións e das conexións ás vivendas para garantir servizos básicos municipais de calidade; a instalación dunha rede de sumidoiros separativa para mellorar a xestión das augas residuais deste ámbito; a substitución do pavimento por outro máis acorde á contorna -formigón e lousa de granito-, e a instalación de iluminación e mobiliario urbano completamente novo. Ángeles Vázquez subliñou o compromiso do Goberno galego por brindar o seu apoio ás entidades locais a través do plan Hurbe -no que se enmarca esta iniciativa-, posto en marcha en 2010, na promoción de actuacións que contribúan a dinamizar as vilas galegas e a mellorar a calidade de vida dos seus veciños.

Para o alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, a rehabilitación, primeiro de vivendas e agora do centro da aldea, é un dos factores claves para que o concello lograse “cambiar a tendencia de perder a gañar poboación de forma moi clara”. 

Te puede interesar