EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
AJE Ourense celebra este xoves a XI edición dos seus premios para os empresarios mozos de Ourense. A súa presidenta, Nuria Iglesias, fai unha análise do emprendemento da mocidade ourensá.
Leva case dous anos como presidenta de AJE, cal é o balance?
Dous anos tolos. Saímos dunha pandemia, arrancou a guerra… a sensación é de incerteza, pero tamén de constante renovación e dunha busca constante de alternativas.
Cal é o obxectivo dos premios?
Poñer en valor o traballo os empresarios mozos e darlle un recoñecemento. Por outra banda, este ano Cogami recibirá o premio de compromiso social.
Falemos de AJE en cifras.
En 2021, AJE tiña 140 asociados, con 830 postos de traballo, un volume de facturación de 40 millóns de euros e o 40% dos nosos asociados facturan entre 100.000 e un millón de euros. Exportamos a 18 países. Os cinco sectores máis representativos dentro de AJE son o agroalimentario, que ocupa o 18%; a comunicación, o comercio local, a hostalaría e a saúde. Respecto aos datos de 2022, a tendencia á alza é constante e as cifras serán similares. Cada vez hai máis perfís femininos que abren o seu propio negocio.
Cal é o perfil do mozo emprendedor ourensán?
Son moi variados. O que todos comparten é a innovación nas súas distintas facetas. Revolución de procesos artesanais, dixitalización… Esa é a base común.
É a innovación e a dixitalización a forma de abrir camiño?
Se algo bo nos trouxo a pandemia é que podemos vender en calquera parte do mundo. Así, a través de internet e coas facilidades de vivir nunha provincia coma a nosa temos a posibilidade de facer o que queiramos.
Con todo, a tenda física aínda ten moito peso.
Obvio. Hai que facer unha mestura. A todos nos gusta tocar o produto e o trato con persoas. Un exemplo son as adegas do Ribeiro ou da Ribeira Sacra, que se están a especializar no enoturismo porque á xente gústalle coñecer como se elabora o viño que eles degustan nas súas casas.
Como afecta a conxuntura económica aos que están pensando en abrir un negocio?
Non é a dificultade que poidas ter hoxe, é o que poida xurdir mañá. Agora mesmo é imposible previr como vas estar de aquí a un ano. O incremento dos prezos do gasóleo, os retrasos do transporte… Emprender hoxe non é un camiño recto. Antes tampouco era doado, pero era máis sinxelo facer unha previsión.
Relacións empresas-institucións. Como está esa situación en materia de axudas, de burocracia…
En AJE temos unha filosofía: tentar vivir sen subvencións. Están moi ben, pero se alguén pensa que vai montar unha empresa en base ás subvencións dispoñibles non vai polo bo camiño. Tes que ter claro o teu modelo de negocio, e sumar estas axudas como algo adicional. Como montes algo pola axuda que teñas, seguramente vas fracasar. Noutro senso, as relacións non son fáciles. O propio funcionamento da administración está lonxe do empresario.
Que medida lle reclamaría ao alcalde de Ourense, ao presidente da Xunta e ao presidente do Goberno?
Á alcaldía, estabilidade. É un sentir popular. Nos demais estamentos, pedimos que se escoite ao empresario. Agora fálase moito do traballador, que obviamente tamén é moi importante, pero creo que se olvida ao autónomo. Deberían pisar máis a rúa.
Están a chegar os Next Generation aos emprendedores?
Está moi complicado para o perfil de asociado de AJE. Non está chegando aos emprendedores. Outra vez máis, coma sempre, esquécese ao pequeno.
É o emprendemento a forma de revertir o envellecemento e o despoboamento de Ourense?
É unha parte. Debemos cambiar a mentalidade e temos que inculcar aos nenos que en Ourense hai futuro; as administracións teñen a obriga de atraer proxectos, como a axencia de IA, que deixamos pasar; e o empresariado ten que estar á altura da situación.
Non ve contraditorio o da IA?
Por suposto. A aposta da descentralización ten que ser real, non só un lema. Non podes dicirlle á xente que viva no rural cando alí non hai servizos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
GRAVEDAD DE LAS LESIONES
Muere la mujer apuñalada en A Coruña por su compañero de piso, que también provocó un incendio