Un obradoiro arranxará zonas públicas de catro localidades de Ourense

Presentación do obradoiro.
photo_camera Presentación do obradoiro.
As actuacións serán en Barbadás, Castrelo de Miño, Taboadela e Toén

 O Obradoiro de emprego Concellos Rurais acondicionará máis dunha decena de espazos públicos nos concellos de Barbadás, Castrelo de Miño, Taboadela e Toén. Unha vintena de alumnos formaranse nesta iniciativa: dez en “Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes” e outros dez en “Fábricas e albanelería”. Onte presentouse a iniciativa no Centro empresarial transfronteirizo de Barbadás, con representantes dos catro concellos implicados.

En canto ás actuacións, en Barbadás destacan o arranxo do parque da antiga escola e do lavadoiro público de Bentraces; en Castrelo melloraranse os accesos ao Castro de Santa Lucía; en Taboadela porase en valor o lavadoiro e Vendanova e o lavadoiro de Outeiro da Mezquita; e en Toén destacan as obras nas beirarrúas de catro núcleos e a reparación de pozos de saneamento en Moreiras, Toén, Mugares e Xestosa. 

Te puede interesar