Un obradoiro mellorará as zonas verdes de Pereiro e San Cibrao

Menor e Fernández.
photo_camera Menor e Fernández.

Os Concellos de Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas continúan estreitando os seus vínculos e proxectos comúns. Desta volta, a Xunta acáballes de conceder o seu primeiro obradoiro conxunto, onde formarán durante un ano a 20 alumnos. Ademais, estes traballarán no mantemento e mellora de zonas verdes, así como na recuperación do patrimonio etnográfico de ambos municipios. O investimento neste obradoiro compartido será de medio millón de euros.

Ademais, ambas entidades tamén continúan avanzando no proxecto de numeración física e xeolocalización dixital de inmobles. Esta iniciativa, á que se está a destinar máis de 140.000 euros, “permitirá mellorar a prestación dos servizos públicos e particulares aos veciños dada a gran dispersión da poboación, que dificulta ás veces unha correcta localización”.

Outro proxecto que desenvolven en conxunto os gobernos de Luis Menor e Manuel Pedro Fernández é a apertura dun servizo de asesoramento de vivenda. O obxectivo é “facilitar o coñecemento e tramitación das diferentes axudas en todo o relacionado co acceso a vivenda”. Isto é especialmente relevante xa que “en ambos municipios hai unha gran demanda e axúdanos a seguir asentando poboación”.

A última das iniciativas que partillan estes concellos é a senda peonil entre a Medorra e o Parque Tecnolóxico, na estrada OU-101. As obras desta infraestrutura comenzarán no vindeiro mes de setembro e está previsto que rematen na primavera de 2023. Esta obra, cofinanciada pola Xunta e que suporá un investimento dun millón de euros, “significa atender unha das reivindicacións históricas da zona”.

Te puede interesar