MONTEDERRAMO

Obras de mellora nun bidueiral da serra de San Mamede

bidueira_result
photo_camera Un momento da visita ó bidueiral.

Unha Zona de Especial Conservación (ZEC) que destaca polo bo estado de conservación e por ser unha das fragas características setentrionais situadas máis ó sur.

O Goberno galego abordou accións de mellora na paisaxe e sinalización para fomentar o uso recreativo  do roteiro que leva ó Bidueiral de Montederramo. Unha Zona de Especial Conservación (ZEC) emprazada na serra de San Mamede, que destaca polo bo estado de conservación e por ser unha das fragas características setentrionais situadas máis ó sur.
O delegado da Xunta, Rogelio Martínez, acompañado polo alcalde de Montederramo, Antonio Rodríguez; Juan José Gómez, xefe do Servizo de Protección da Natureza, e o autor do proxecto, Andrés Novo, visitaron onte a zona na que se realizaron as intervencións.

Te puede interesar