Ofrenda floral a Alexandre Bóveda, o artífice da autonomía galega

Homenaxe ao intelectual ourensán, un dos principais artífices da autonomía galega”

O Concello de Ourense rendeu a súa tradicional homenaxe ao intelectural ourensán Alexandre Bóveda, que naceu o 4  de xuño de 1903 e foi fusilado o 17 de agosto de 1936. A corporación municipal participou na ofrenda floral realizada na rúa da Barreira, onde se ubicaba a casa natal do galeguista. Ernesto Vázquez-Rei, secretario da Fundación Alexandre Bóveda, destacou no acto l figura deste ourensán como “un dos principais artífices da autonomía galega”. Vázquez-Rei lembrou que “milleiros de vidas foron truncadas ou enviadas ao exilio. Bóveda foi asasinado por querer a Galicia ben gobernada”. O representante da fundación acabou o seu discurso sinalando que “cando mellora a democracia, gaña a sociedade”. O tenente alcalde Armando Ojea destacou a Alexandre Bóveda como “unha persoa que loitou polos valores da democracia”. 

O acto pechouse coa interpretación do Himno Galego e coa colocación das flores ao pé do monumento que se lle fixo a Alexandre Bóveda na rúa da Barreira, onde medrou o intelectual galeguista.

Te puede interesar