elecciones

Olmos: "Temos un proxecto político sen tutelas e sen depender de nadie"

Iván Olmos, durante a presentación da candidatura de En Marea (ÓSCAR PINAL).
photo_camera Iván Olmos, durante a presentación da candidatura de En Marea (ÓSCAR PINAL).

Iván Olmos é o candidato de En Marea ao Congreso dos Deputados por Ourense

O pasado mes de febreiro, En Marea dicía adeus a súa alianza con Podemos, Anova e Esquerda Unida. Camiños diferentes na procura de captar (e manter) o voto obtido en pasadas eleccións. Agora, dende En Marea, buscan que o desgaste interno non afecte. Para iso, o candidato por Ourense, Iván Olmos, quere deixar claro un programa político "galego" e marcar as diferenzas cos seus antigos aliados, sen pechar a porta a posibles acordos despois do 28 de abril. Unha cara nova en política que pretende facerse un oco dende o principio.

Primeiros días de campaña para alguén que comeza en política. Como os leva?

Desgasta, porque además a idea é levar o noso programa e as nosas medidas por toda a provincia, no maior número de municipios. Temos unha morea de xente que está en En Marea e nos bota unha man. E todo o facemos con ilusión porque vemos que a sociedade está recibiendo moi ben esta candidatura. Ven que é una marea renovada, sen tutelaxe e con xente nova que lle da un toque de frescura. Iso nos da máis folgos para traballar estes días.

En Marea cambiou nos últimos meses. Socios que xa non son socios. Hai renovación?

Nos entendemos a renovación como algo transversal. Non é cuestión de idade. Falamos dun cambio de En Marea como proxecto. Naceu en 2016 como movemento galego cando nos presentamos ás autonómicas. Tivemos unha serie de alianzas no Estado, pero agora estamos deixando claro que queremos un proxecto sen tutelas e que non dependa de ninguén. Si é certo que tras o 28A poden existir alianzas que den lugar a un Goberno progresista no estado, pero sen esquecerse dos compromisos adquiridos coa xente de Galicia, e máis concretamente, coa poboación de Ourense.

Non teme que o votante, entre esta guerra de siglas, remate sen saber quen é quen en estos comicios?

Penso que é lóxico e entendible que exista un chisco de confusión en parte da cidadanía. Pero a xente non é parva e infórmase. E vemos como as enquisas falan dunha das participación máis altas da historia, cunha oferta electoral moi amplia. E iso fai que os cidadáns busquen informarse máis. Segundo pase a campaña xa sabrán diferenciar proxectos. O noso, un pensado dende aquí que, ao mesmo tempo, quere participar na gobernalidade do Estado cos pés na terra. Outros, o que queren é gobernar Galicia dende o Estado. Esa é a diferencia.

A pesar desa ruptura, está a esquerda condenada a entenderse?

Eu, se chego a diputado, non vou a entregar un cheque en blanco ao PSOE e Podemos. Vou a exixir medidas para revitalizar esta provincia. Algo que penso que os deputados do PP e PSOE que representaron a Ourense estes anos non poden dicir. En Marea ten claro que non va a permitir un mandato das tres dereitas, pero tamén ten claro que tampouco van deixar un goberno dos socialistas e Ciudadanos. 

A nivel ourensán, cales son os pilares de En Marea?

As nosas líneas para Ourense se dividen en tres eixos. O primeiro, a loita contra a despoboación. Penso que é un problema central na Galicia interior, e especialmente na nosa provincia. Perdéronse 30.000 personas en 10 anos, a maior parte xente moza. Ten que haber propostas claras, garantindo os servicios públicos de proximidade. O segundo ámbito, a potenciación dos sectores productivos, sobre todo o primario. E o terceiro, a loita contra a precariedade.

Te puede interesar