INVERNO | TRÁFICO

A Deputación reforzará a seguridade nas estradas provinciais en inverno

O ente provincial comunicou que para esta campaña contará con 12 vehículos e 30 persoas. Tamén informaron que repartirán 1.000 toneladas de sal. 

A Deputación de Ourense pon en marcha o dispositivo de vialidade invernal "para reforzar a seguridade nas estradas provinciais e facer fronte as adversidades metereolóxicas propias do inverno". 

O operativo desta campaña contará con catro camións quita neves 4x4, dous dumpers, un tractor, dous camións e tres todoterreo. Todos preparados con coitela e dispensadores de sal. Co obxectivo de saber onde se encontran en cada momento, cada un dos vehículos estarán equipados cun GPS.  Para os días de alerta, 30 persoas estarán mobilizadas e localizadas as 24 horas. 

Pablo Pérez, deputado responsable da área de Cooperación do organismo provincial, asegurou que "repartiremos 1.000 toneladas de sal". 

Te puede interesar