ABRIL OTERIANO

Otero Pedrayo, o escritor que foi xornalista en La Región

Maribel Outeiriño presentou un libro que recolle a colaboración de don Ramón nas páxinas do diario

As verbas do escritor ourensán Otero Pedrayo volveron onte á vida nas rúas da cidade, da man dos "oterianos", que pasearon polo Casco Vello descrito polo autor nos seus artigos de La Región. O Abril Oteriano regresa un ano máis para homenaxear e promover a figura de don Ramón. A cita inaugural das xornadas culturais acolleu a presentación do libro "Del Orense antiguo y otras colaboraciones Ramón Otero Pedrayo en La Región I (1958-60)", recompilado por Maribel Outeiriño, xornalista de La Región. O acto contou coa presencia de Xoan Luís Saco, presidente da Fundación Otero Pedrayo -impulsora do Abril Oteriano-; Manuel Baltar, presidente da Diputación Provincial; e a propia autora.

"Los periodistas de antes de Internet aprendimos que nuestro trabajo es flor de un día, de ahí la importancia de este tipo de libros recopilatorios", apuntó Maribel Outeiriño. O volume -o primeiro de varios, según asegurou Baltar- recolle 144 artigos e 6 colaboracións do escritor nas páxinas de La Región, entre 1958 e 1960, cando tiña máis de 70 anos. Outeiriño recordou o gusto de Otero Pedrayo por escribir sobre temas ourensáns, o que o vencella directamente con Eduardo Blanco Amor e Vicente Risco, tamén colaboradores do diario. "Los tres forman parte activa de la historia de La Región, que es también la de Ourense", afirmou a autora. Da capacidade xornalística do autor, valorou a calidade dos seus titulares, "cortos, atractivos, concretos, sugerentes": "No sé si los ponía él o si los ponían en la redacción, es cierto".

A xornalista tamén evocou a forma de ser do escritor ourensán: "Don Ramón no solía venir por la redacción, pero era un hombre muy ameno, sencillo, tal y como explicaba su mujer, Doña Fita. Era un personaje digno de conocer, algo de lo que tuve el placer de saber".

"É a personalidade máis importante da historia de Ourense, unha persoa de nivel internacional que demostrou na súa traxectoria, compromiso e actitude", afirmou Manuel Baltar. O presidente provincial valorou a súa capacidade creativa, "manexaba todos os xéneros, mesmo escribiu un guión de cinema", comentou.

Xoan Luís Saco agradeceu o traballo de Maribel Outeiriño e o"entusiasmo" de Baltar: "Sen eles non sería posible este volume". 


A forte unión do autor coa súa terra: "Escribía das  cousas da nosa provincia"


"A personalidade de Otero Pedrayo é a dun xornalista que escribe dos temas da provincia", afirmou Xoan Luís Saco durante a presentación do libro. A unión do escritor á súa terra tamén se reflectiu nos seus artigos, "feitos para os ourensáns". "Sempre se lle chamaba e sempre aparecía", apuntou Manuel Baltar. Maribel Outeiriño recordou que, do mesmo xeito que Risco e Blanco Amor, participaba de toda actividade social que se lle requería: "Si les pedían el pregón de un magosto no tenían ningún empacho en hacerlo, lo que los hacía muy próximos a su ciudad y a sus vecinos".

Tralo acto inaugural, os oterianos saíron a percorrer diversas rúas do Casco Vello acompañados do volume, no que o autor recorda diversos momentos emblemáticos da súa vida.

Te puede interesar