O PP defenderá a urxencia de captar fondos europeos

MUÍÑOS (MUGUEIMES). 15/05/2020. OURENSE. El alcalde del Concello de Muíños, Plácido Álvarez Dobaño, junto con el resto de la corporación municipal celebran un pleno ordinario para aprobar los presupuestos. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Plácido Álvarez, durante un pleno del Concello de Muíños.// FOTO: ÓSCAR PINAL
O grupo provincial presenta un decálogo de ideas para o Debate sobre o Estado da Provincia

O grupo do Partido Popular na Deputación de Ourense rexistrou onte o seu decálogo de propostas para o Debate sobre o Estado da Provincia que se celebrará o próximo martes. Este decálogo inclúe cuestións referidas á captación de fondos europeos, a situación do turismo, a vivienda no rural, a simplificación administrativa ou a seguridade escolar e persoal, entre outras. 

Conforman un conxunto de iniciativas que, en palabras do portavoz do grupo popular e vicepresidente terceiro da Deputación, Plácido Álvarez, "son propostas innovadoras no ámbito do goberno provincial, pero tendo moi presente a difícil situación xerada pola crise da covid e como cooperar desde xa na recuperación económica e social". Nesta liña, Álvarez subliña "a necesidade de captar financiamento europeo para a provincia de Ourense", no marco do fondo de recuperación "Next Generation" da UE. 

O vicepresidente terceiro da Deputación destacou ademais "a necesidade de axudar aos concellos ourensáns na presentación de proxectos sostibles ao plan "Green Deal", dotado con 1.000 millóns de euros dentro do Pacto Verde Europeo, mediante o programa "Ourense, provincia biosostible".

O portavoz popular destacou tamén a resposta aos cambios da sociedade, "que mira agora máis cara o rural, polo que pretendemos crear unha plataforma na que os concellos amosen a oferta do seu concello en vivienda para aluguer ou venda".

Xunto con propostas como a simplificación administrativa e a actualización da enxeñería informática nos servizos da Deputación, Plácido Álvarez salienta iniciativas relacionadas coa seguridade persoal, como a nova aplicación “Voucontigo” para a axuda inmediata a persoas en situación de risco por maltrato, asalto ou agresión sexual. Ante unha potencial situación de emerxencia ou risco para a vítima, un grupo de contactos predefinidos da persona agredida tería  coñecemento inmediato do problema gracias ao servizo desta aplicación.

Outro dos temas a tratar será a seguridade escolar, "habilitando sendas seguras ao carón das vías provincias onde se sitúan unha trintena de centros de ensino", salientou Álvarez.

O vicepresidente terceiro da Deputación tamén se referiu “á clara aposta co turismo deportivo, nomeadamente co deporte náutico en Lais, Arnoia e Castrelo de Miño", aínda que destacou "o compromiso da Deputación de Ourense coa Estación de Montaña de Manzaneda e a procura dunha etapa de xestión que incida máis aló da tempada de esquí".

Ges e río Miño

Unha proposta de axuste nas aportacións aos custos reais do Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES) e a creación dun centro de interpretación do río Miño en Toén completan o decálogo presentado polo grupo provincial popular ao pleno sobre o debate do estado da provincia do próximo martes. 

En canto á simplificación administrativa, Álvarez destacou a utilización da Metodología "Lean" aplicada á simplificación administrativa e reenxeñería de servizos da Deputación, todo isto "en consonancia cos traballos da carta de servizos e co liderado nacional en transparencia dos gobernos provinciais". n

Te puede interesar