Ourense e Barbadás propoñen charlas e recitais para o 8M

Una de las concentraciones del 8M registradas en Ourense (Foto: Óscar Pinal).
photo_camera Una de las concentraciones del 8M registradas en Ourense el año pasado. (Foto: Óscar Pinal).

A cidade e o Concello de Barbadás inician marzo coa conta atrás para reivindicar os dereitos das mulleres  polo 8M cunha variada programación na que destacan as charlas, os recitais ou, incluso, unha carreira popular pola igualdade. 

A Subdelegación do Goberno en Ourense iniciará a programación o mércores, día 6, ás 11,00 horas, cunha charla sobre o marco xurídico aplicable ás mulleres estranxeiras vítimas de violencia de xénero. A conferencia, impartida pola xefa da oficina de Estranxeiría da Subdelegación, Josefina Rodríguez Durán, afondará no marco legal e no réxime de protección internacional aplicable ás migrantes. O propio día 8, celebrarase o acto central coa lectura dunha declracións institucional diante da sede da Subdelegación. Este ano, rendirase unha homenaxe a 15 mulleres pioneiras da provincia. “Son mulleres adiantadas aos seus tempos, que loitaron polo progreso, a liberdade e por acadar espazos que no seu momento semellaban imposibles”, sinalou o subdelegado, Emilio González, na presentación das actividades. A colocación de puntos violentas nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) da provincia, así como a colocación dunha pancarta na sede da subdelegación completan a programación.

Barbadás

O Concello de Barbadás organiza o Día da Muller un recital poético-musical a cargo da actriz Lucía Álvarez e do guitarrista José Luis Troitiña. A cita será na Casa da Cultura Manuel María, ás 20,00 horas. A través desta iniciativa farase un percorrido literario pola poesía galega, no que se destacarán as obras de autoras como Paula Vázquez, Chus Pato ou Aba Cid, entre outras. Ao día seguinte, o sábado día 9, o goberno local propón á Carreira pola Igualdade de Barbadás. Arrancará ás 11.00 horas do polideportivo municipal, e os participantes poderán ir camiñando, correndo, en cadeira de rodas, andador, bicicleta, patíns ou patinetes.

Te puede interesar