EDUCACIÓN

De Ourense a Canadá para aprender novas metodoloxías educativas

<p></p>
photo_camera Rosa Castro, Amparo Vázquez, Manuela Casal e Arturo Iglesias, tras chegar de Canadá.

Un grupo de profesores viaxou a Montreal có programa Piale da Xunta

Os profesores ourensáns Rosa Castro, Amparo Vázquez, Manuela Casal e Arturo Iglesias acaban de regresar de Canadá, grazas ao programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (Piale), que organiza a Xunta. Animáronse a cruzar o charco para coñecer novas metodoloxías educativas e poder aplicalas nos seus centros educativos. En Ourense son profesores de inglés pero este ano tocoulles vivir a experiencia en Montreal, unha cidade de fala francesa. "Un dos principais inconvintes que notamos este ano foi que viaxamos para facer unha inmersión en inglés a un lugar onde o francés é a lingua dominante", explicou Manuela Casal, profesora de inglés de Primaria do CEIP O Couto. A pesar deste inconvinte, os participantes están satisfeitos ca súa estancia xa que "sempre é positivo ir a un país cun sistema educativo ben considerado como é o caso do canadiense", dixo Manuela Casal.

Durante as catro semanas que durou a estancia estiveron aloxados nas tradicionais host family (familia anfitriona). "Eu estiven cunha muller italiana polo que non tiven ningún tipo de problema ca comida", dixo Amparo Vázquez, profesora de inglés no instituto de As Lagoas. A esta mestra, o que máis lle sorprendeu do sistema educativo canadiense foi que os alumnos non teñen deberes para casa. "Tras explicar a gramática,pedíaselle aos nenos que fixeran redaccións. Ao rematar, collían o seu móvil para escoitar música, algo impensable aquí", dixo.

En Canadá, outórgaselle unha gran importancia ao razonamento e ao pensamento crítico dos nenos e menos ao contido. "Os profesores non teñen ese agobio de acabar o temario e prefiren que os estudantes saiban expresar opinións correctamente", explicou Manuela Casal. A diferencia do que ocorre nas clases españolas, en Canadá non é habitual que os mestres rifen aos estudantes xa que "se reforza positivamente agradecendo aos nenos que, por exemplo, axudaron a recoller o material empregrado nunha clase", engadiu. Outra das peculariedades que lle chamou a atención a Amparo Vázquez foi que son os alumnos os que se desplazan ata as aulas e non os profesores. "Ademáis, dáselle todo o material didáctico, dende bolígrafos ata libros, para que non teñan que andar cargados cas mochilas", explicou.

A implicación dos alumnos ca realización de actividades extraescolares é outros dos aspectos que máis apreciaron este grupo de profesores que marcharon a Montreal. "No meu colexio, os estudantes son os encargados de promocionar o instituto para atraer novos alumnos", dixo Amparo Vázquez. En Canadá, os institutos públicos ingleses vense na necesidade de loitar polos seus futuros alumnos xa que tras unha reforma educativa, están obrigados a ir a colexios franceses. "Para ir a un centro educativo inglés, teñen que demostrar que un pai ou irmán foi a un colexio inglés", afirmou. Trala experiencia vivida, a profesora Amparo Vázquez aplicará algúns dos métodos que presenciou nas clases. "Para involucrar aos alumnos no inglés, organizaron un taller no que un poeta fixo con eles slam. Eu farei algo similiar no meu centro", explicou.

A pesar das bondades do sistema educativo canadiense, os seus mestres tamén protestan, como aquí, polos recortes en Educación. "Durante a nosa estancia, houbo movilizacións e os profesores deixaron de facer actividades extraescolares e de correxir deberes", dixo Manuela Casal.
 

Te puede interesar