SAMAÍN

Ourense celebra o Samaín con 800 cabazas, obradoiros e un desfile polas rúas do Casco Vello

A tradicional festa de fin do verán, o Samaín, celébrase en Ourense o mércores 31 de outubro cun programa repleto de actividades centradas nos cativos

A tradicional festa de fin do verán, o Samaín, celébrase en Ourense o mércores 31 de outubro cun programa repleto de actividades para todos os públicos, pero especialmente dirixidas os cativos. “Pechamos un mes de outubro repleto de actividades culturais, pero desta vez levamos a cultura á rúa”, afirmaba Belén Iglesias, concelleira de Cultura. 800 cabazas (un cento máis que en 2016), obradoiros e un desfile polas rúas do Casco Vello da cidade son os ingredientes desta festa que os escolares xa traballan durante toda a semana nas aulas.

As actividades comezarán ás 17,00 horas co taller de baleirado de cabazas, e continuarán por diferentes emprazamentos da zona antiga (con actividades creativas coma maquillaxe e caracterización, chapas e, como novidade, un obradoiro de rítmica, percusión e beatbox) ata que dea comezo o desfile, con remate na Praza Maior.

A previsión de participación é moi alta, en palabras da técnica de Cultura, María Díaz: “Para iso montaremos un escenario de grande formato na Praza Maior no que actuará o grupo portugués Crassh Stage!!!, que traballa con instrumentos realizados con material recliclado”.

sa

O programa completo para pasalo de medo no día Samaín é o seguinte:

A estrela da festa toma o protagonismo as 17,00 horas no taller de baleirado de cabazas, que terá lugar na praza Saco e Arce.

A celebración continúa ás 17,30 horas na praza da Imprenta co obradoiro de rítmica, percusión e beatbox. Deste xeito, os participantes no desfile poderán ir preparando os seus sons máis terroríficos para espantar ó persoal polas rúas. 

En toda boa festa de Samaín non poden faltar os obradoiros de maquillaxe e caracterización con feridas espeluznantes que terán lugar ás 17,30 horas na praza Manuel Sueiro. Tamén haberá un espazo da praza dedicado a creación de chapas para customizar o vestiario cos deseños máis terroríficos. 

E, as 19,00 horas, chega o momento de apagar as luces e dar comezo ó Desfile de Cabezas a ritmo de percusión co grupo de animación musical. O percorrido comezará na praza da Imprenta e continuará pola rúa Colón, rúa Padilla, praza San Marcial, rúa Primavera, Hernán Cortés, praza do Trigo, praza Das Damas e Praza Maior.

E para despedirse, os cativos poderán mover o esqueleto a ritmo de Crassh Stage, un grupo portugués que emprega só instrumentos reciclados.  A cita será ás 19,30 horas na Praza Maior. 

Te puede interesar